martes, 26 de marzo de 2013

Licitados por 629.956 euros a redacción do proxecto acústico do tramo Zamora-Pedralba da alta velocidade a Galicia

ADIF licitou por 629.956 euros a realización de estudios acústicos e vibratorios, así como a redacción do proxecto de protección acústica, no tramo Zamora-Pedralba de la Pradería (Zamora) da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia.

O obxectivo destes traballos é cumprir a lexislación vixente en materia de afección acústica e vibratoria, tendo en conta as características da plataforma ferroviaria e dos potenciais receptores ao longo do tramo, que ten unha lonxitude aproximada de 113 quilómetros.

Unha vez concluídos os estudios, redactarase o proxecto de proteccións acústicas do tramo, no que se incluirán todas as medidas de mitigación necesarias.

O traxecto Zamora-Pedralba de la Pradería forma parte dos 324 quilómetros de nova construción do tramo Olmedo-Medina del Campo-Zamora-Poboa de Sanabria-Ourense, que permitirá a conexión ferroviaria en alta velocidade de Galicia coa Meseta e Madrid.

O tramo está deseñado para dobre vía de alta velocidade en ancho internacional ou UIC (1.435 mm), capaz de soportar unha velocidade máxima de 350 quilómetros á hora. Así mesmo, inclúe a estación de alta velocidade de Poboa de Sanabria, en fase de proxecto.

Ao seu paso por Castilla e León, a liña Madrid-Galicia conta xa con máis de 220 quilómetros en obras entre Olmedo (Valladolid) e Lubián (Zamora).

No hay comentarios: