martes, 26 de marzo de 2013

Prado (PPdeG): "O Pepe Blanco de 2008 pediría o cesamento do Pepe Blanco de 2013"

A voceiro do PP galego, Paula Prado, manifestou este venres que "o Pepe Blanco de 2008 pediría o cesamento do Pepe Blanco de 2013", en alusión á posibilidade de que o exministro de Fomento José Blanco poida ser procesado no marco da 'Operación Campeón' por suposto tráfico de influencias.

Nunha rolda de prensa celebrada en Santiago, preguntada ao respecto, Prado limitouse a pronunciar esta frase, despois de que tanto o líder do PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, como a tamén dirixente socialista Elena Valenciano, eludisen avalar de forma explícita en público ao exministro.

En concreto, en declaracións aos medios ao finalizar o pleno no Congreso na pasada xornada, Pérez Rubalcaba remitiuse á Xustiza ao ser preguntado pola situación do exministro. "A Xustiza ten que seguir o seu curso, e estamos niso", manifestou o dirixente socialista.

No hay comentarios: