jueves, 7 de marzo de 2013

Louzán anuncia accións de promoción do mexilón galego coa batea como icono da Volta a España 2013



Nunha xuntanza de traballo co director de Unipublic e o Consello Regulador suliñou que os países onde máis se sigue a Volta son os de maior consumo de mexilón galego

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co director de Unipublic, Javier Guillén, e representantes do Consello Regulador do Mexilón de Galicia, encabezados polo seu presidente, Francisco Alcalde, co fin de coordinar e concretar accións da saida da Volta a España e da promoción do mexilón de Galicia con ocasión da saida oficial deste evento deportivo dende unha batea en Vilanova de Arousa.

Guillén destacou que o sector do mexilón e, en concreto, a batea <será o icono da Volta a España 2013> polo que é fundamental coordinar os traballos para a súa axeitada promoción.

Niste senso, Louzán suliñou que <os países onde a Volta a España tén máis seguimento _Bélgica, Francia, Holanda e Italia_ coinciden cos que teñen maior consumo de mexilón de Galicia>. Por esta razón, anunciou unha serie de accións para aproveitar <a extraordinaria plataforma de promoción e a ocasión única que supón o feito de que a Volta sexa retransmitida a 170 países>. E engadeu que o evento <é unha homaxe as xentes do mar, un recoñecemento a eles e unha inmellorable promoción>.

Pola súa banda, Francisco Alcalde mostrouse <orgulloso e agradecido> polo feito de que a Volta saia dende unha batea pois <suporá un grande impacto mediático, económico e social para o sector>. Lembrou que a DO Mexilón de Galicia é a primeira DO de produtos do mar e dixo que mostrarán ao mundo un sistema de cultivo tradicional que ocupa a miles de familias.

3.337 bateas e 18.000 postos de traballo
Na actualidade existen 3.337 bateas _de 2.400 propietarios_ dedicadas ó cultivo do mexillón fondeadas nas Rías Galegas que fan de Galicia unha potencia acuícola a nivel mundial. Nos últimos anos, o sector creou 11.000 postos de traballo directos e 7.000 indirectos.

No ano 2011, a poboación ocupada neste sector representaba case o 20%. Nalgúns concellos, como A Illa ou O Grove, a proporción supera o 40%. En Rianxo, o 30%, en Boiro o 25%, e en Cambados, Vilaboa ou Moaña máis do 15%.

O sector é estratéxico no desenvolvemento económico, presente e futuro, de Galicia e, especialmente, de Pontevedra xa que dos 63 polígonos de mexillón existentes en cinco rías de Galicia, 36 deles aséntanse na Ría de Arousa. Unha ría que conta co 69% da porcentaxe de bateas de toda Galicia.

A FAO ( Organización das Nacións Unidas para a Agricultura) considera ás rías de Galicia como un dos xacementos máis importantes do fitoplancton no planeta. As súas condicións especiais, a calidade da auga e temperaturas axeitadas durante todo o ano fan alcanzar ó mexillón o seu polipasto comercial (70-90 mm) nuns 17 meses. No resto de Europa necesita de 2 a 6 veces máis tempo para chegar a este tamaño. A Ría de Arousa tén o privilexio de ser a primeira de Galicia onde se asentou a primeira batea en 1945.

O Consello Regulador do Mexillón de Galicia iniciou as actividades en 1994. Unha das súas primeiras iniciativas foi solicitar o recoñecemento “Produto Galego de Calidade” para o mexillón de Galicia. Por entón, esta normativa aplicábase unicamente aos produtos agroalimentarios da terra, de forma que o mexillón converteuse no primeiro produto do mar en obter esa mención.

Efecto arrastre na economía e visita as instalacións
Mexillón de Galicia foi pioneiro e converteuse no primeiro produto do mar en Europa en obter o distintivo de calidade "DO Protexida" en 2007 coa súa inscrición no rexistro da UE.

A actividade produce un efecto arrastre na economía coa creación de empresas (conserva, conxelado,) comercializadoras (depuración, centros expedición, etc.), empresas auxiliares (astilleiros, calderería, cordelerías), servizos (actividades financeiras, asesorías) e no desarrollo de centros de coñecemento (investigación, control), que contribúen ao desenvolvemento socioeconómico local.

Para coordinar accións e esforzos, Louzán anunciou a visita, a vindeira semana, dos orgaizadores da Volta, alcaldes e él mesmo, ás instalacións do Consello Regulador en Vilagarcía, así como unha próxima xuntanza nas Rías Baixas dos Consellos das Denominacións de Orixe de Galicia, convocados por Mexilón de Galicia.

No hay comentarios: