martes, 2 de abril de 2013

A Xunta investiu 900.000 euros en proxectos estratéxicos de insfraestructuras no rural do área metropolitana

As actuacións van enmarcadas nos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) 2012/2013.

O obxectivo fundamental deste tipo de intervencións é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación e arranxar deficiencias.



A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, trasladouse esta mañá ata o Concello de Pazos de Borbén para comprobar in situ o resultado daactuación levada a cabo no municipio ao abeiro dos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) 2012/2013 que concedeu a Consellería do Medio Rural e do Mar e que, neste caso, contou cun investimento total de 55.740,42 euros.

Acompañada polo alcalde da localidade, Andrés Iglesias, a representante da Administración autonómica na área de Vigo explicou que a obra acometida se executou na parroquia de Nespereira, concretamente no camiño Outeiro-Areeiro. Os traballos consistiron fundamentalmente na mellora da capa de rodaxe, nunha lonxitude de 652 metros lineais e un ancho medio de 4,40 metros ao longo da traza. A capa de rodadura é de aglomerado en quente e espesor de 6 centímetros, previo recrecido dos pozos da rede de saneamento e revestido da gavia sobre unha lonxitude de 159 metros lineais.

O PEIM Rural é un plan que inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural. No convenio establécese un marco xeral de cooperación onde se definen as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas rurais.

Por último, Bravo Bosch lembrou que o investimento nos PEIM 2012/2013 para os 14 concellos que conforman o ámbito da Delegación Territorial da Xunta en Vigo foi de case 900.000 euros (895.200,04 euros).

No hay comentarios: