martes, 2 de abril de 2013

Figueroa aclara que os campamentos da Deputación non exclúen a nenos con discapacidade

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Manuel Figueroa, aclarou hoxe a inexactitude da denuncia do BNG sobre unha suposta "exclusión expresa" de nenos con algún tipo de discapacidade nos campamentos de verán do organismo provincial.

A ese respecto, precisou que as bases instan a que "si hay una discapacidad, se ponga en conocimiento del organismo" por unha "cuestión técnica", e matizou que a Deputación "va a dar cobertura" a todos os nenos con normalidade.

O BNG anunciou unha moción na que insta a Deputación a eliminar de inmediato esa "exclusión expresa" nas bases de participación dos campamentos do centro Príncipe Felipe e de A Lanzada. Asimesmo, reclama que se reserve alo menos un 15% de plazas para nenos e nenas con diversidad funcional.

A estanza de 2.200 nenos dos concellos da provincia nos Campamentos de Verán que, de xuño a setembro, se celebran nas instalacións de A Lanzada suporá un costo para a Deputación de Pontevedra de 121.513 €. Os únicos ingresos nas arcas provinciais, derivados deste servizo, serán por taxas. En concreto, cada neno abona (directamente ou contado con axudas dos seus concellos) 68 € pola súa estanza, o que supón 149.600 € (68 por 2.200 rapaces).

No capítulo de gastos, a empresa que resulte adxudicataria do concurso convocado para a asistencia técnico-educativa recibirá 143.000 euros a cambio de poñer a disposición, perante todo o período de vacacións, 20 monitores, 1 ATS e un director, así como os materiais precisos para desenvolver a súa laboura.

Outro concepto de gastos é o de persoal de comedor e cociña, que corre a conta da Deputación e que supón un gasto de 54.068 euros a abonar aos 2 oficiais e 10 operarios encargados deste traballo. Finalmente, a empresa que resulte adxudicataria do concurso de provisión de alimentos para os 2.200 nenos levará 74.045 euros.

As anteditas cifras supoñen un déficit no servizo de 121.513 euros que será asumido integramente pola Deputación de Pontevedra.

No hay comentarios: