viernes, 21 de septiembre de 2012

A Xunta explica aos veciños de Coruxo o proxecto construtivo da EDAR do Lagares, na que inviste máis de 120 millóns de euros



O director de Augas de Galicia e a delegada territorial da Xunta en Vigo mantiveron un encontro cos responsables veciñais para resolver dúbidas e explicarlles o proceso de construción da nova infraestrutura hidráulica.

Tras o inicio dos traballos previos e comprobación do replanteo do proxecto, estes días comezou xa a execución da obra.

A nova EDAR supón o maior investimento en materia hidráulica da historia de Galicia que dará servizo a máis de 800.000 habitantes.

Vigo, 21 de setembro de 2012.- O director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantiveron esta mañá un encontro con representantes veciñais da parroquia de Coruxo para explicarlles o proxecto construtivo da nova EDAR do Lagares, obras nas que o Goberno autonómico achega todo o cofinanciamento con fondos propios e cuxo investimento supera os 120 millóns de euros.

A intención do Goberno galego é manter unha comunicación fluída e máxima colaboración cos veciños e veciñas durante os meses de execución dos traballos –40 meses- co obxectivo de resolver dúbidas e explicarlles todo o proceso polo miúdo.

Hai uns días iniciáronse os traballos previos nos terreos coa chegada da maquinaria e o valado do perímetro de actuación e agora xa se comezou a execución da obra co obxectivo de cumprir os prazos establecidos para esta importante infraestrutura hidráulica que dará servizo a máis de 800.000 habitantes de Vigo e a súa área.

Trátase da gran obra de referencia en depuración hoxe en España, onde a través do convenio firmado no ano 2010, a Xunta xoga un importante papel xa que forma parte da comisión de seguimento do convenio e do comité de dirección de obra, polo que realiza un estreito seguimento da actuación; aprobou no seu día o anteproxecto, e aprobará o proxecto construtivo das obras ademais de achega integramente todo o cofinanciamento das obras con fondos propios. Os elementos que se executarán, incluídos no convenio e que foron explicados aos veciños de Coruxo son, ademais da depuradora, o novo emisario submarino para un caudal de 8 m³/s, e a nova acometida eléctrica á EDAR, en alta tensión.

Financiamento
Hai que lembrar que o 2 de Agosto do ano 2010 asinouse o convenio entre a sociedade estatal Acuanorte, a Xunta de Galicia a través de Augas de Galicia e o Concello de Vigo, para a execución das obras da EDAR de Vigo. Neste convenio acórdase o seguinte esquema de financiamento:




Investimento real
Con gastos financeiros
ACUANORTE (Estado)
112,00
48,69%
112,00
45,28%
Xunta de Galicia / Augas de Galicia
104,34
45,37%
121,72
49,20%
Concello de Vigo
13,66
5,94%
13,66
5,52%
TOTAL
230,00
100,00%
247,37
100,00%
            Datos en millóns de euros


Deste modo, a Xunta achega máis de 120 millóns de euros, sendo así o maior investimento en materia hidráulica da historia de Galicia.



No hay comentarios: