viernes, 21 de septiembre de 2012

Feijóo afirma que a mellor forma de seguir facendo Vigo e de seguir facendo Galicia é que "Vigo vai volver construír barcos e que Vigo terá novos modelos de automoción para o mundo"



Destaca que os feitos avalan o optimismo cara ao futuro, “porque empezamos unha lexislatura no sector da automoción cunha factoría que estaba finalizando modelos de vehículos xa maduros; e conseguimos finalizar esa lexislatura cunha factoría con proxectos novos, con modelos novos, que se van facer aquí, tamén, para o resto do mundo”

Amósase esperanzado tamén co sector naval: “estou convencido de que finalizaremos a lexislatura cunha solución ao problema do tax lease e, o que é tan importante, con carga de traballo para os estaleiros”

Asegura que os 11 millóns destinados a este proxecto da autonomoción servirán para consolidar emprego e para consolidar familias en Vigo.  “Imos seguir traballando para as 7.000 familias que traballan nesta factoría. Para as 20.000 familias que traballan na industria auxiliar do automóbil e para as 10.000 familias que traballan de forma indirecta en todo o sector do automóbil”
 Vigo, 21 de setembro de 2012.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou, hoxe, que a mellor forma de seguir facendo Vigo e de seguir facendo Galicia é que “Vigo vai volver construír barcos e que Vigo terá novos modelos de automoción para o mundo”.
Durante a presentación dos vehículos Peugeot Partner e Citröen Berlingo eléctricos, Feijóo destacou que os feitos avalan o optimismo cara ao futuro, “porque empezamos unha lexislatura no sector da automoción cunha factoría que estaba finalizando modelos de vehículos xa maduros, que estaba diminuíndo a produción deses modelos porque ían deixar de fabricarse paulatinamente; e conseguimos finalizar esa lexislatura cunha factoría con proxectos novos, con modelos novos, que se van facer aquí, tamén, para o resto do mundo”.

“Iniciamos unha lexislatura cunha baixada de vehículos producidos en Vigo e finalizamos unha lexislatura cun incremento de vehículos producidos en Vigo”, indiciu, ao que engadiu que este dato é a seguridade de que o ano 2013 e seguintes serán mellor que o ano 2011 e 2012; “é a seguridade dos postos de traballo e é a seguridade do incremento da produtividade da nosa economía”.

Neste sentido, Feijóo amosouse esperanzado tamén co sector naval, “porque iniciamos unha lexislatura cun preito importante e cunha denuncia importante que parou ao sector naval en Vigo e no resto de Galicia e, estou convencido de que finalizaremos a lexislatura con ese preito solucionado, cunha solución ao problema do tax lease e, o que é tan importante, con carga de traballo para os estaleiros”.

O responsable autonómico afirmou que o Goberno galego seguirá traballando e, neste senso, asegurou que os 11 millóns de euros destinados a este proxecto da autonomoción servirán para consolidar emprego e para consolidar familias en Vigo.  “Son 11 millóns que destinamos e priorizamos á industria do automóbil porque estamos convencidos de que iso é o que xera posteriormente unha política social. Non hai política social sen política económica e, por iso, comprometémonos co sector da automoción, coa industria competitiva, coa industria innovadora e comprometémonos, en definitiva, co estado do benestar”.

“Imos seguir traballando para as 7.000 familias que traballan nesta factoría. Para as 20.000 familias que traballan na industria auxiliar do automóbil e para as 10.000 familias que traballan de forma indirecta en todo o sector do automóbil. Familias sen as que non poderiamos interpretar o que é a Galicia de hoxe, nin o que é o Vigo de hoxe e sen as que non poderiamos interpretar o que é as nosas expectativas de crecemento económico”.

Feijóo concluíu asegurando que a fabricación destas dúas furgonetas eléctricas en Vigo, que levarán a marca Galicia nos laterais das portas, é unha aposta pola innovación e un recoñecemento para os traballadores; “un recoñecemento á competitividade, á profesionalidade, ao rigor e á responsabilidade”.

No hay comentarios: