viernes, 21 de septiembre de 2012

La Xunta logra que Twitter "fale galego"


Twitter ofrecerá finalmente o seu servizo en galego. O idioma de Galicia incorpórase ás linguas dispoñibles na famosa rede social despois de que a Administración autonómica, colectivos e cidadanía reivindicaran a súa tradución ao idioma de Galicia a través da iniciativa 'Twitter en galego xa', enmarcada na campaña 'Redes sociais en galego' promovida desde a Consellería de Cultura e Educación e a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Así o confirmou hoxe o departamento autonómico que, xunto a diferentes entidades pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta e cidadáns, promoveu unha campaña na que se remitiron cartas á empresa que xestiona a rede social solicitando "a galeguización da ferramenta de comunicación social" e se recompilaron máis de 3.000 sinaturas, nunha web creada para apoiar esta iniciativa.
Para a Xunta, a viabilidade da tradución do Twitter en galego "é a mostra da vitalidade da lingua no ciberespazo e da súa adaptación á sociedade da información e da comunicación". Ademais, dende a Consellería de Cultura aseguran que o galego "é actualmente o vixésimo segundo idioma máis empregado en twitter e está en primeira posición entre as linguas non estatais de maior uso".
Así mesmo, consideran que a introdución do galego no ámbito das TIC "vai ser clave para o seu futuro" xa que "do seu éxito neste sector vai depender a imaxe que os galegos e os non galegos teñan desta lingua".
AXENDA DIXITAL DE GALICIA 2014.GAL
Ademais da campaña 'Redes sociais en galego', o departamento autonómico está a impulsar o galego en internet a través doutras iniciativas enmarcadas no Plan Xeral de Normalización Lingüística e na Axenda dixital 2014.gal, como o dicionario de pronunciación da lingua galega online ou a candidatura de dominio

No hay comentarios: