miércoles, 19 de septiembre de 2012

Feijóo cierra un contrato de 380 millones con Pemex para que Barreras y Navantia construyan dos barcos que darán empleo a 3.000 personas



Explica que o flotel que comezará a construírse na ría de Ferrol fará que as gradas ferrolás volvan encherse cun investimento de 190 millóns de dólares; cunha carga de traballo de máis de 30 meses e, en consecuencia, cunha viabilidade inmediata do estaleiro e da industria auxiliar de Ferrol.
“Máis de 190 millóns de dólares, máis de 1.500.000 horas de traballo e máis de 1.500 persoas traballarán no barco que comezará a construírse para Pemex na ría de Vigo”, precisa 

Subliña que a firma destes novos contratos demostra que a alianza estratéxica con Pemex se está cumprindo e “significa que Galicia, unha vez cumpridos os obxectivos de rigor, pode firmar o inicio do crecemento económico. Crecemento en oportunidades. Crecemento en investimento. Crecemento en emprego” 

Recorda que a base loxística que a petroleira decidiu instalar en Punta Langosteira fai un mes, a contratación dun flotel en Ferrol e doutro en Vigo que se firma hoxe, e os pedidos de 14 remolcadores que seguen o seu curso, fórxanse nun contexto enormemente difícil e asegura que “nada tería sido posible sen esforzo e sen ilusión” 

Celebra que fronte aos que tiveron dúbidas, “se consolide a idea dos que cremos en Galicia, nas súa posibilidades, nas súas capacidades para saír adiante e iniciar a recuperación”


Santiago, 19 de setembro de 2012.- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, que a contratación por parte da empresa petroleira mexicana Pemex dun flotel en Ferrol e doutro en Vigo suporá un investimento de 380 millóns de dólares e garantirá un emprego de máis de dous anos a un total de 3.000 persoas.
Feijóo, que asistiu este mediodía á sinatura dos contratos que Pemex subscribiu co estaleiro Navantia e co estaleiro Barreras, explicou, nun primeiro termo, que o flotel que comezará a construírse para a petroleira na ría de Ferrol, e que consigue xirar o rumbo do estaleiro público, logo de sete anos sen un so pedido, fará que as gradas ferrolás volvan encherse cun investimento de 190 millóns de dólares; cunha carga de traballo de máis de 30 meses e, en consecuencia, cunha viabilidade inmediata do estaleiro e da industria auxiliar de Ferrol.
Feijóo subliñou que este flotel terá un impacto superior ao dos quimiqueiros “porque ofrece maior repercusión na industria auxiliar. E, ademais, é a alternativa de carga de traballo para Ferrol que supón o nivel máis alto de investimento e o nivel máis alto de emprego daquel que pactaramos inicialmente”, engadiu, logo de expresar a satisfacción de que un activo fundamental na nosa historia económica como o estaleiro público de Ferrol esperte do seu letargo para volver crecer con forzas renovadas.
No tocante ao flotel que comezará a construírse para Pemex na ría de Vigo, afirmou que xa é un feito que consigue disipar os temores do sector. “Máis de 190 millóns de dólares, máis de 1.500.000 horas de traballo e máis de 1.500 persoas traballarán neste barco. Unha gran esperanza, que haberá de completarse proximamente cos novos encargos de 14 remolcadores: sete construídos integramente en Galicia e outros sete en colaboración cos estaleiros mexicanos”.
O titular da Xunta celebrou que fronte aos que tiveron dúbidas, “se consolide a idea dos que cremos en Galicia, nas súa posibilidades, nas súas capacidades para saír adiante e iniciar a recuperación”. “Hoxe firmamos carga de traballo para os estaleiros de Ferrol e de Vigo. Resolvemos un problema que se prolongaba por anos, pero significa algo máis. Significa que Galicia, unha vez cumpridos os obxectivos de rigor, pode firmar o inicio do crecemento económico. Crecemento en oportunidades. Crecemento en investimento. Crecemento en emprego”.
Para o presidente do Goberno galego, estes pedidos que devolverán a actividade ás gradas dos estaleiros públicos de Ferrol e ás gradas dun gran estaleiro en Vigo están avalados por unha convicción e polo realismo: “Pola convicción de que non hai terra máis capaz que Galicia nun sector como este e pola convicción de que o naval ten potencial e ten valía suficiente para seguir dando vida a nosa economía e dando emprego a nosa xente. E polo realismo de que cada esperanza que demos os miles de traballadores do naval se apoiase nun feito como o que hoxe materializamos, demostrando que a alianza estratéxica con Pemex se está cumprindo punto por punto”.
Feijóo concluíu subliñando que a carga de traballo que hoxe se firma é unha boa noticia para Ferrol e para Vigo “pero, sobre todo, é unha boa noticia para Galicia, xa que nos permite ter a seguridade de que podemos crer en nós mesmos, e na nosa propia forza para crear oportunidades que nos permitan iniciar o crecemento económico”.
Neste sentido, o titular da Xunta lembrou que a base loxística que a petroleira decidiu instalar en Punta Langosteira fai un mes, a contratación dun flotel en Ferrol e doutro en Vigo que se firma hoxe, e os pedidos de 14 remolcadores que seguen o seu curso, fórxanse no contexto máis difícil posible; “e nada tería sido posible sen esforzo e sen ilusión”.



No hay comentarios: