jueves, 11 de octubre de 2012

Feijóo: “Galicia competiu unida e gañou un contrato para Navantia despois de sete anos sen pedidos; por iso creo que se segue unida haberá máis contratos para o naval”



  •  No relativo ao Plan Ferrol, lembrou que 600 millóns de euros en investimentos e 280 millóns en subvencións no período 2009-2012 dan fe da súa relevancia

  •    Dirixiuse aos emprendedores alí presentes e afirmou que a administración non pode suplir o liderado empresarial, pero si acompañalo con medidas que o fortalezan e lle dean continuidade


11 de outubro de 2012.-
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, “Galicia competiu unida e gañou un contrato para Navantia despois de sete anos sen pedidos; por iso creo que se segue unida haberá máis contratos para o naval”.

Así se expresaba o presidente do PPdeG nun encontro con emprendedores en Ferrol, onde quixo resaltar de forma especial os contactos que culminaron no importante contrato da petroleira Pemex con Navantia. Feijóo lembrou que foron meses de enorme traballo que quedarán na memoria de todos os que participamos neste decisivo acordo.

Segundo Feijóo, nestas negociacións houbo un esforzo extraordinario da multinacional, unha gran capacidade negociadora de Navantia e, ao seu ver, unha participación decisiva da Xunta de Galicia tendendo as pontes necesarias entre as partes.

Non obstante,  afirmou que nada comparable ao peso de Ferrol, xa que nos despachos onde se fraguou o acordo definitivo, estivo presente Ferrol, a súa tradición industrial, o empuxe da súa sociedade, a capacidade técnica dos seus traballadores, e a iniciativa do seu mundo empresarial.

Polo tanto, foi Ferrol quen gañou o contrato e é, por tanto, de Ferrol o mérito principal.

Segundo Feijóo, os observadores foráneos contemplan a Ferrolterra como un territorio ben artellado, cun Porto Exterior que compite cos mellores do mundo, e cun sector naval tradicional e innovador, capaz de responder a todas as demandas do mercado.

Así mesmo, ven unha estabilidade institucional que, no mundo de hoxe, é un valor engadido para calquera inversor. Nesta liña, apuntou que o contrato de Pemex non foi unha concesión graciosa senón que houbo que pelexar por el, e por fortuna tivemos ao noso favor ese Factor Ferrol que segue a producir admiración aos analistas que avalían as nosas posibilidades.

Por iso podemos afirmar que estamos diante de algo que é máis que un contrato, porque a confianza de PEMEX en Ferrol e en Galicia é a ratificación do peso económico, político, social, empresarial e institucional de Ferrol e de Galicia enteira.




No hay comentarios: