jueves, 11 de octubre de 2012

Feijóo culmina a ronda de debates fronte ao resto de candidatos como claro vencedor


Feijóo volveu ganar o terceiro dos debates entre os candidatos do 21-O. Fíxoo con claridade e rotundidade, desvestindo os riscos que para a economía e a estabilidade de Galicia e España tería outro Goberno bipartito (ou multipartito), e presentando ao PP como unha garantía de rigor e solvencia fronte ao déficit, o despilfarro e o caos das alianzas entre socialistas e nacionalistas. Así coinciden, alo menos, a meirande parte dos analistas políticos que onte e hoxe mesmo amosaron a súas posturas públicamente.

Onte volveuse a ver a un Feijóo realista, cos pés no chan, que defende unha notable xestión nunha legislatura marcada de principio a fin pola crise, e que non promete fume nin proxectos irrealizables, senón blindar o Estado de Benestar e garantir os servizos públicos gracias a unhas contas saneadsa e que se destinan ao importante e non a pagar intereses da débeda.

Jorquera radical

Enfronte viuse a un Jorquera cunha folla de ruta radical, marcada polo soberanismo e o concerto fiscal que conduciu a Cataluña a dividir á sociedade e ao rescate. O BNG, ademais, tentou renegar do seu apoio entregado ao PSOE durante a etapa de Zapatero a cambio de nada, apoio que en Galicia se mantén en concellos e deputacións.

Feijóo deixou en evidencia o programa do Bloque, xa que as súas propostas están supeditadas ao que opinen o resto de integrantes do hipotético goberno multipartito. Jorquera non saíu de lugares comúns, de afirmacións baleiras sobre o que supostamente hai que facer, pero sen entrar en detalle. Ademais, caeu en ataques personais, como acusar a Feijóo de querer ir a Madrir a facer carreira. Estes foron os argumentos nacionalistas.

Educación

O candidato do BNG, ademais, tropezou cos datos. Acusou a Feijóo de empeorar a educación sen ter en conta que esta legislatura non se subiron as taxas universitarias, hai aulas trilingües, hai máis profesores por alumno, hai máis ordenadores e máis prazas de comedor.

Bipartitos

Jorquera caeu de novo no fraude do debate nulo do martes. Manifestou que de reeditarse o bipartito, non sería nos termos do que fracaso una pasada legislatura. Pero non foi capaz de explicar cales serían as novas condicións, nen detallou os erros cometidos. Quizais porque sabe que case a metade dos galegos non quere que se repita esa alianza.

Lingua

Un día máis, ningún dos futuros membros dun hipotético bipartito aclarou que reforma lingüística emprenderían, aínda que só sabemos que derrogarán o decreto do galego. Ocultan á sociedade que queren regresar á imposición fronte á liberdade e o equilibrio que hai hoxe nas aulas.

Gobiernos hipotecados

Feijóo desmontou as acusacións de dependencia de Rajoy que fixo Jorquera. Porque se alguén depende de alguén é o BNG, que está hipotecado polo PSOE para formar calquera goberno, mentres que o PP ten a súa única coalición nos galegos para conformar un goberno maioritario.

Opcións

Feijóo formulou claramente que hai dúas opcións o día 21: votar ás políticas que nos levaron á crise ou manter a confianza no PP, que traballa día a día por remontar a recesión ao tempo que garante as prestacións sociais aos que máis o necesitan.


Tras estes tres días de debates, Feijóo emerxe como claro vencedor, mesmo no que non participou, á vista do espectáculo de dubidoso gusto ofrecido por Jorquera e Pachi. Feijóo é un candidato creible, con programa, con ideas, cos pés no chan, responsable e solvente. En fronte, a lea constante, a garantía de rescate, a quebra, a desconfianza e o desastre.

No hay comentarios: