martes, 8 de enero de 2013

O Consorcio do Casco Vello porá no mercado outras 8 vivendas de protección autonómica que serán sorteadas en primaveira


A presidenta do Consorcio Casco Vello visitou as obras xa rematadas das 6 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) sitas na promoción de Ferraría 25, 27, 29, 31 que, xunto cos outros 2 pisos xa rehabilitados no Canellón do Estreito, 12, serán sorteadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), previsiblemente, nos vindeiros meses.

Trátase doutras 8 VPA que o organismo porá no mercado, despois de que xa foran sorteados e adxudicados un total de 52 pisos de protección e que se traduce en que 42 novas familias residen no barrio histórico grazas ao traballo rehabilitador que ven desnvolvindo o CCVV todos estes anos.

Estas 8 VPA corresponden ás promocións Ferraría 25, 27,29, 31 (6 pisos, 5 de 2 dormitorios e 1 de 3) e Canellón do Estreito, 12 (2 pisos, os 2 de 2 dormitorios). O prezo da vivenda más barata anda por volta dos 108.000 euros (sen IVE) e a máis cara dos 207.000 euros (sen IVE). As superficies van dende os 56,81 m2 ata os 116,55m2. Na promoción de Ferrería 25, 27, 29, 31 resultarán ademáis 4 locais comerciais.

Bravo Bosch animou os vigueses e as viguesas a que aposten polo Casco Vello e que se inscriban no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta, no réxime de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, no apartado de compra, para poder acceder a estas 8 VPA.



A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, supervisou hoxe as obras xa rematadas das 6 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) sitas na promoción de Ferraría 25, 27, 29,31 que, xunto cos outros 2 pisos xa rehabilitados no Canellón do Estreito, 12, serán sorteados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), previsiblemente, nos vindeiros meses.

Bravo Bosch, acompañada polo xerente do CCVV, Alfonso Ramos, e responsables da empresa construtora encargada da recuperación de Ferraría 25, 27, 29, 31, Dicsa, comprobou a calidade das vivendas que poderán ser adquiridas polas persoas que se tivesen escrito no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta, no réxime de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado no apartado de compra e, máis tarde, soliciten a participación do sorteo.

É moi importante estar inscitro correctamente para poder entrar no sorteo que realizará o IGVS na Delegdación Territorial da Xunta antes de que remate a vindeira primavera. Os cidadáns interesados poden descargar a solicitude de inscripción na web www.igvs.es o na páxinawww.consorciocascovellovigo.org

Estas novas 8 VPA corresponden a terceira fase dos inmobles que o organismo -participado nun 90% pola Xunta e nun 10% do Concello- leva pondo no mercado nos últimos anos. Na promoción de Ferrería 25, 27,29, 31 recuperáronse 6 pisos, 5 de 2 dormitorios e 1 de 3, mentres que no Canellón do Estreito, 12 (2 pisos, os 2 de 2 dormitorios). O prezo da vivenda más barata entre os dous edificio aproxímase aos os 108.000 euros (sen IVE) e a más cara os 207.000 euros (sen IVE). As superficies van dende os 56,81 m2 ata os 116,55m2. Na promoción de Ferrería 25, 27, 29, 31 resultarán ademáis 4 locais comerciais.

O IGVS xa sortou e adxudicou un total de 52 pisos de protección autonómica o que se traduce en que 42 novas familias residen no barrio histórico grazas ao traballo rehabilitador que ven desnvolvindo o CCVV todos estes anos.


Características 8 VPA
-Ferraría 25, 27, 29, 31 (6 VPA):
1 vivenda A: 2 dormitorios + salón comedor cociña + lavadoiro tendal+ 1 baño. Superficie útil: 56,81m2. Prezo: 100.765,03 euros (sen IVE)
1 vivenda B (dúplex): 3 dormitorios + salón comedor + cociña + lavadoiro tendal + 2 baños. Superficie útil: 116,55 m2. Prezo: 206,727,07 euros (sen IVE)

1 vivenda C: 2 dormitorios + salón comedor + cociña+ lavadoiro tendal + 1 baño. Superficie útil: 65,68. Prezo: 116.497,93 euros (sen IVE)

1 vivenda D: 2 dormitorios + salón comedor + cociña + 1 baño. Superficie útil: 60,71m2. Prezo: 107.682,54 euros (sen IVE)

1 vivenda E: 2 dormitorios + salón comedor + cociña +2 baños. Superficie útil: 73,14m2. Prezo: 129.729,88 euros (sen IVE)

1 vivenda F (dúplex): 2 dormitorios + salón comedor cociña + lavadoiro tendal + 1 baño. Superficie útil: 65,56m2. Prezo: 116.285,08 euros (sen IVE)

-Canellón do Estreito, 12 (2 VPA):

1 vivenda A: 1 dormitorio + salón comedor cociña + 1 baño. Superficie útil: 62,75m2. Prezo: 111.300,93 euros (sen IVE)

1 vivenda B: 2 dormitorios + salón comedor cociña + 2 baños. Superficie útil: 92, 57m2. Prezo: 164.193,26 euros (sen IVE)



No hay comentarios: