viernes, 22 de marzo de 2013

A Deputación licita o servizo de teleasistencia para Concellos de menos de 20.000 habitantes por 160.000 euros



A institución provincial financiará o 34% do coste do servizo e os concellos e os usuarios o 66% restante.



A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra sacou hoxe a concurso o servizo de Teleasistencia para concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia por un importe de 160.000 euros.
O servizo _unha vez que o Imserso deixou de aportar financiación para o convenio que mantiña coa Deputación para atender aos usuarios de toda a provincia_ será financiado nos devanditos concellos nun 34% pola propia institución provincial en un 66% polos concellos e os usarios residentes en cada un deles. Coa particularidade que, nalgún caso, algún concello asumirá o importe total dos seus usuarios.
Nun documento adxunto achegase a lista de usuarios do servizo de Teleasistencia a finais do 2012, último exercicio de vixencia do anterior convenio co Imserso no que, como pode comprobarse, figuran ainda os concellos de máis de 20.000 habitantes.

No hay comentarios: