martes, 5 de marzo de 2013

Louzán e Pastor clausuraron o XLIX Concurso da Camelia organizado pola Deputación que dará paso en 2014 á celebración en Pontevedra do Congreso Internacional


O presidente da Deputación, Rafael Louzán, a ministra de Fomento, Ana Pastor e a directora xeral de Turismo, Nava Castro, clausuraron hoxe os actos da cuadraxésimo novena edición do Concurso-Exposición Internacional da Camelia, un certame rotatorio que este ano organizou a institución provincial de Pontevedra no edificio Sarmiento do Museo.

A Ruta da Camelia e os xardíns Históricos de Galicia é "única en Europa" e Turismo de Galicia apostou por potenciala como "produto turístico", segundo aseverou Nava Castro. Con 80 especies e preto de 30.000 variedades diferentes na comunidade --a máis abundante en especialidades despois de Xapón--, a Ruta da Camelia foi incluída nos dez Produtos Cabeceira da Marca Galicia" polo seu valor histórico e botánico, ha explicado.

Rafael Louzán recordou que en 2014 Pontevedra será a sede do próximo Congreso Internacional da Camelia, que tivo en China a sede da última edición. Un evento que “servirá para reunir a grandes cultivadores" desta planta en diversos países”, e unha convocatoria que o organismo provincial leva "preparando dende fai máis de un año".

Pola súa banda, Ana Pastor puxo de relevo o "esforzo" dos 21 galardoados neste concurso "polo seu amor á natureza e ás flores o que deu como resultado as "obras de arte" expostas. Neste senso, destacou que Pontevedra se converteu nunha "referencia mundial" como produtora da que cualificou como "flor de Galicia"; un factor que redunda no sector turístico, no que "Galicia é un referente polos seus monumentos e pola súa paisaxe, concluíu a ministra.

Primeiro Foro Ruta Da Camelia
Xosé Ramón Castiñeiras Soborido, responsable da área de Congresos, Viaxes e Incentivos de Turgalicia considerou que a «a Ruta da Camelia é un produto estrela e diferenciador dentro das potencialidades turísticas existentes en Galicia». É un produto único que comparou á Catedral de Santiago por seren «a única ruta existente non só en España, senón en toda Europa».

Segundo explicou «permite descubrir monumentos ligados á historia, como os pazos, pero tamén a ruta das camelias e as camelias están moi ligadas a obras literarias, artísticas, á moda, etc, recursos estes que permiten que a mensaxe sexa máis fácil de transmitir ó consumidor». Finalmente, Castiñeiras dizo que «poucas veces podemos presumir de contar con algo tan único e diferente como a ruta das camelias e as exposicións de altísimo nivel que se desenvolven na provincia de Pontevedra e en Galicia».

Mellora da sinalización
Ruth González Reyes, xefa do Servizo de Turismo da Deputación de Pontevedra. Explicou que con motivo da celebración en 2014 en Pontevedra do Congreso Internacional da Camelia, a Deputación realizou un estudo da situación de 17 xardíns da provincia de Pontevedra dos cales 8 pertencen á Ruta das Camelias. Dous dos aspectos estudados, entre outros, centráronse na sinalización e accesibilidade, sendo o obxecto deste estudo continuar traballando no futuro na mellora destes lugares de gran atractivo turístico.

Segundo a súa conclusión, os xardíns da provincia ofrecen unha beleza singular e natural inmensa acompañada na maioría dos casos de patrimonio histórico e cultural. «O que se precisa coidar con máis detalle é o relativo á súa sinalización en dous cuestións concretas: dentro das localidades, e dentro do propio xardín onde un usuario debería ser capaz de visitar e entender por si mesmo o xardín», comentou. Segundo explicou a xefa de Turismo, dos 17 xardíns analizados tan so 7 contan con rutas guiadas, en conclusión «de cara ó congreso de 2014 e á potenciación da ruta das camelias é necesario desenvolver un proxecto de sinalización eminentemente didáctico para que poida ser visitado por un público non experto».

Para Carlota Román, concelleira de Turismo de Pontevedra “dado que Galicia se situa na periferia, as persoas que veñen normalmente o fan na procura dalgo concreto”. Por este motivo considera que “nos temos que singularizar e diferenciar” por iso aplaudiu este novo recurso que se está a potenciar “debemos unirnos todos en torno á marca Galicia e a marca ruta da Camelia, independentemente da cor política de cada quen”. Neste senso, ofreceu todo o apoio e respaldo do Concello de Pontevedra para poñer en valor este recurso que, ademais ten o valor de desestacionalizar o turismo dado que se trata dunha actividade que se desenvolve perante o inverno.

A concelleira tamén falou sobre o Pazo de Lourizán, fixo un percorrido pola súa historia e polos seus xardís. Comentou que os salóns do Pazo de Lourizán acolleron a personalidades importantísimas nel se trataron asuntos como o Tratado de París polo que se perderon as últimas colonias. “É un xardín de estilo romántico de 54 hectáreas con máis de 600 exemplares de camelias xapónicas das máis diversas variedades. Alberga tamén árbores de gran importancia paisaxística recollidas no catálogo de árbores senlleiras de Galicia. Entre eles o avellano con maior dimensión de Galicia, un cedro de 32 metros de alto ou a Sequoia máis antiga da comunidade.

Comentou tamén que a camelia se empezou a comercializar dende o pazo en 1947 e perante os anos 60 a 90 Lourizán distribuíu unha importantísima cantidade de camelias, co cal contribuíu de forma definitiva á súa difusión.

Na procura da diferenciación
José Carlos López Campos, alcalde de A Estrada deu a coñecer as principais características do Pazo de Oca. Segundo explicou o alcalde a nivel turístico A Estrada traballa en elementos diferenciadores e de gran atractivo como o Pazo de Oca, xunto coa Rapa das Bestas que é unha das cinco festas galegas declaradas de Interese Turístico Nacional.

«O de Oca é un pazo renomeado dentro dos Pazos Galegos, coñecido como o “Versalles galego”pola grandiosidade dos seus xardíns, loubado por intelectuais como Otero Pedraio», afirmou o alcalde. «Praza, pazo e patio, están perfectamente integrados na natureza circundante e os seus xardíns combinan á perfección utilidade e beleza e patrimonio paisaxístico de primeiro orde. As camelias atravesan os seus xardíns de oeste a leste, son ás raíñas do Pazo, de feito, albergan a camelia reticulata de 8 metros de altura sendo unha das máis antigas de Europa», segundo informou.

Finalmente, o alcalde agradeceu a colaboración da Deputación de Pontevedra que participa a través dun convenio na mellora de todo o seu entorno e dos seus accesos, sinalización etc. Por este motivo, concluíu dicindo que «procuremos que aquilo que foi cultivado con tanto agarimo polos nosos devanceiros siga mantendo todo o seu esplendor botánico, histórico e paisaxístico».

Turismo Verde
Salomé Peña, alcaldesa de Ribadumia aseverou que as novas vías de atracción para o turismo que se están a potenciar como a ruta da Camelia van da man co traballo que está a realizar o Concello de Ribadumia para dar a coñecer os seus bens máis diferenciados e de calidade. Considera que a ruta da Camelia ten un gran potencial para Galicia e para a provincia de Pontevedra.

“En Ribadumia apostamos polo turismo verde e natural de interior que conta cada vez con máis seguidores. Queremos que o noso destino sexa para os amantes da natureza xa que os nosos principais atractivos son as sendas naturais á beira do Umia , o xacemento arqueolóxico de Monte do Castro, as rutas salpicadas de muíños, etc. Somos un destino verde bañado por dúas augas, a do río Umia e a da ría de Arousa.

Peña fixo unha exposición sobre o Pazo Quinteiro da Cruz que se sitúa dentro da ruta da Camelia que, considerou, contribúe de xeito importante a desestacionalizar o turismo, pois recibe numerosos visitantes alemáns, belgas, españois e cada vez máis galegos. Explicou que o pazo data do século XVIII e conta con elementos románticos de carácter profundamente galego. Conta cun viñedo e adega propia na que se produce albariño Quinteiro da Cruz.

Florecen no seu xardín especies de alto interese botánico. Destacan as máis de 1.000 variedades de camelias que teñen permitido a obtención frecuentemente da Camelia de Ouro no Concurso Exposición Internacional da Camelia.

Xardíns de excelencia internacional
O alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, realizou unha exposición acompañada cun vídeo con preciosas imaxes sobre o Pazo de Rubiáns, incluído tamén dentro da ruta da Camelia. Fole explicou que o xardín do pazo opta a ser declarado Xardín de excelencia internacional, denominación que outorga a Sociedade Internacional da Camelia. De conseguilo, os xardíns de Rubians serían os segundos de Galicia e España en obter esta distinción despois de Soutomaior.

O Pazo, dixo Fole, está intimamente ligado á historia da vila. Consolídase no século XVI e o seu máximo explendor será no século XVIII. O alcalde destacou a gran importancia paisaxística e florística destes xardíns con 100 especies diferentes e 40 hectáreas de xardín, finca e arboleda. Precisamente, foi en 1850 cando se produciu a plantación das primeiras camelias, regalo dos duques de Caminha (Portugal).

No hay comentarios: