martes, 18 de septiembre de 2012

A Xunta felicita aos vigueses polo inicio das obras da Macrodepuradora, nas que investirá más de 120 millóns de euros


A Xunta de Galicia quere felicitar a todos os vigueses e viguesas polo inicio das obras da nova EDAR do Lagares, nas que o Goberno autonómico achega todo o cofinanciamento con fondos propios e cuxo investimento supera os 120 millóns de euros.

Hai que lembrar que o 2 de Agosto do ano 2010 asinouse o convenio entre a sociedade estatal Acuanorte, a Xunta de Galicia a través de Augas de Galicia e o Concello de Vigo, para a execución das obras da EDAR de Vigo. Neste convenio acordase o seguinte esquema de financiamento:


Investimento real
Con gastos financeiros
ACUANORTE (Estado)
112,00
48,69%
112,00
45,28%
Xunta de Galicia / Augas de Galicia
104,34
45,37%
121,72
49,20%
Concello de Vigo
13,66
5,94%
13,66
5,52%
TOTAL
230,00
100,00%
247,37
100,00%
            Datos en millóns de euros

Deste modo, a Xunta aporta máis de 120 millóns de euros, sendo a Administración que maior financiación aporta (49% do total) sendo así a maior inversión en materia hidráulica da historia de Galicia.

Estes días estanse a iniciar os traballos previos nos terreos coa chegada da maquinaria e o valado do perímetro de actuación co obxectivo de cumprir os prazos establecidos para esta importante infraestrutura hidráulica que dará servizo a máis de 800.000 habitantes de Vigo e a súa área.

Trátase da gran obra de referencia en depuración hoxe en España, onde a través do convenio firmado no ano 2010, a Xunta xoga un importante papel xa que forma parte da comisión de seguimento do convenio e do comité de dirección de obra, polo que realiza un estreito seguimento da actuación; aprobou no seu día o anteproxecto, e aprobará o proxecto construtivo das obras ademais de achega íntegramente todo o cofinanciamento das obras con fondos propios. Os elementos que se executarán, incluídos no convenio son, ademais da EDAR, o novo emisario submarino para un caudal de 8 m³/s, e a nova acometida eléctrica á EDAR, en alta tensión.

No hay comentarios: