lunes, 8 de octubre de 2012

Dorado afirma que a xuventude “xa condenou ao BNG polas súas nefastas políticas no Bipartito e polo apoio á pésima xestión económica do Goberno socialista de Zapatero”



•    Javier Dorado asegura que “a chegada de Núñez Feijóo supuxo un cambio radical nas políticas da Xunta dirixidas á mocidade, que se manifesta coa aprobación da primeira Lei de Xuventude ou a posta en  marcha da estratexia Xuventude 2013

•    En materia de emprego, o candidato do PPdeG concreta que na pasada lexislatura se destinaron máis de 272 millóns de euros para que máis de 150.000 mozos e mozas galegas lograran un posto de traballo


O presidente de Novas Xeracións de Galicia e candidato do Partido Popular pola provincia de Pontevedra, Javier Dorado, afirmou hoxe que “a xuventude galega xa condenou no seu momento ao BNG polas súas nefastas políticas dirixidas ás mozas e mozos galegos durante a etapa do bipartito e polo seu apoio á pésima política económica desenvolvida polo Goberno socialista de Zapatero, que provocou a situación económica que vivimos na actualidade e o incremento do número de desempregados, especialmente entre a mocidade galega e española”.

“Renxe moito que a señora Pontón veña agora cualificando de trienio negro para a xuventude galega a pasada lexislatura, cando debería recoñecer a súa parte de culpa na complexa situación que están a vivir os mozos a nivel nacional, non só de Galicia, provocada pola situación na que nos deixou o anterior Goberno socialista ao que tanto apoio o BNG no seu momento”, sinalou Javier Dorado.

Neste sentido, o candidato do PPdeG salientou que “a chegada de Núñez Feijóo á Xunta de Galicia supuxo un cambio radical nas políticas dirixidas á mocidade, que se poden resumir en feitos tan importantes como a aprobación da primeira Lei de Xuventude de Galicia ou a aprobación da estratexia Xuventude 2013 para dinamizar a actividade dos nosos mozos cunha programación conxunta de todas as administracións”.

Javier Dorado subliñou, ademais, que en materia de emprego “o Goberno de Núñez Feijóo destinou máis de 272 millóns de euros durante a pasada lexislatura para que máis de 150.000 mozos e mozas galegas lograran un posto de traballo, unha medida que se suma ao apoio decidido aos emprendedores e autónomos para a creación das súas propias empresas ou o mantemento dos postos de traballo”.

No hay comentarios: