jueves, 14 de marzo de 2013

A Xunta está disposta a apoiar "económica e institucionalmente" a Pescanova e espera a coñecer as súas necesidades reais

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, afirmou que a Xunta está disposta a apoiar tanto "institucional como economicamente" a Pescanova, aínda que insiste en esperar a coñecer as "necesidades reais" da empresa, que este xoves celebra un consello de administración, despois de que o pasado 1 de marzo presentase un preconcurso de acredores.

"Estamos a esperar que se poida concretar cáles son as necesidades reais que ten Pescanova e, loxicamente, a Xunta acompañará a Pescanova, ao igual que está a acompañar a outras empresas na medida das súas capacidades," respondeu Conde, a preguntas dos medios, durante unha visita ao Laboratorio de Consumo.

Neste sentido, avogou por "esperar a que se concrete cáles son esas necesidades", dixo, en referencia aos detalles do consello de administración que este xoves celebra a empresa.

En calquera caso, Conde destacou que a Xunta está a seguir "con moita atención" a situación de Pescanova, que cualificou como "empresa clave" para o tecido produtivo de Galicia.

No hay comentarios: