martes, 25 de septiembre de 2012

A Xunta pon en marcha a nova escola infantil da Gota de Leche con 102 plazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos

A nova escola infantil conta cunha superficie total de 1.200 metros cadrados e se ubica entre a planta semisoto e a planta baixa do edificio recuperando a zona axardinada cunha ampla zona de xogos

As aulas para os cativos, que estarán divididas en oito unidades -3 para nenos e nenas de 0-1 anos; 2 para 1-2 anos; e 3 para 2-3 anos- ubicaranse na planta baixa, onde tamén haberá zonas de usos múltiples así coma un acceso adaptado, recepción e zona para carriños

A Xunta de Galicia ven de abrir a nova escola infantil da Gota de Leche que conta con 102 novas plazas e un investimento de 650.000 euros. Esta mañá o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asistiron a xornada de portas abertas.

A nova escola infantil conta cunha superficie total de 1.200 metros cadrados e se ubica entre a planta semisoto e a planta baixa do edificio. Ademais, se recuperou a zona axardinada, que se dotou dunha ampla zona de xogos. As aulas para os cativos, que están divididas en oito unidades -3 para nenos e nenas de 0-1 anos; 2 para 1-2 anos; e 3 para 2-3 anos- ubícanse na planta baixa, onde tamén hai zonas de usos múltiples así coma un acceso adaptado, recepción e zona para carriños.

Mentres, na planta semisoto hai tres áreas diferenciadas. Unha de servizos e instalacións (cociña, comedor, calefacción, almacéns, cámaras e lavandería); unha segunda para vestiarios do persoal con aseos adaptados e, por último, un área pedagóxica e de xestión onde estaría ubicado o despacho de dirección, aulas de formación e salas de mestres. Esta zona tenun acceso independente para o persoal do centro.

Coa posta en marcha da escola infantil da Gota de Leche, Vigo incrementa o seu número de prazas en escolas infantís para nenos e nenas de 0 a 3 anos, co que antes de que remate o ano a Administración autonómica disporá dun total de 628 prazas, o que supón un incremento dun 60% nos últimos anos.







No hay comentarios: