viernes, 5 de octubre de 2012

A Xunta Electoral desestima a denuncia do PSOE pola asistencia de Núñez Feijóo á reunión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de A Coruña



•    Considera que este acto, no que se deu luz verde á concesión solicitada por Pemex para instalar unha terminal de graneis líquidos no porto exterior de Punta Langosteira, foi organizado pola propia Autoridade Portuaria e o Presidente da Xunta asistiu como invitado
 
Vigo, 5 de outubro de 2012.
- A Xunta Electoral de Galicia vén de desestimar sendas denuncias presentadas polo PSOE e polo BNG pola reunión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de A Coruña e a presentación do programa EMPREGANAV, respectivamente, ao considerar, no primeiro caso, que o Presidente da Xunta asistiu como invitado a esta xuntanza e, en segundo lugar, porque a actuación “non é subsumible en ningunha das condutas prohibidas no artigo 50 da LOREX por non tratarse dunha campaña de logros nin unha inauguración”.

Respecto á sesión extraordinaria do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de A Coruña, celebrada o pasado mércores para dar luz verde á concesión solicitada por Pemex para instalar unha terminal de graneis líquidos no porto exterior de Punta Langosteira e que contou coa presencia do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a Xunta Electoral de Galicia desestima e procede ao arquivo da denuncia presentada polo Partido Socialista porque “non se trata dun acto organizado pola Xunta de Galicia senón pola Autoridade Portuaria de A Coruña, ente público estatal que foi quen cursou a invitación ao señor Presidente do Goberno galego para asistir a unha sesión do Consello de Administración desa empresa pública”. Por este motivo, a Xunta Electoral de Galicia entende que ese acto “non é encadrable en ningúnha das condutas prohibidas no artigo 50 da LOREX”.

PRESENTACIÓN DE EMPREGANAV


A Xunta Electoral de Galicia tamén desestimou hoxe a denuncia presentada polo BNG ao acto de presentación, por parte das consellerías de Traballo e Benestar e de Economía e Industria, do programa EMPREGANAV, dirixido á inserción laboral dos parados do sector naval.

En concreto, a Xunta Electoral considera que a actuación descrita “non é subsumible en ningunha das condutas prohibidas do artigo 50 da LOREX por non tratarse dunha campaña de logros nin unha inauguración”, polo que desestima a denuncia e procede ao seu arquivo.

No hay comentarios: