viernes, 5 de octubre de 2012

A Xunta remata as obras de reforma e ampliación do CEIP O Pombal, onde se ampliou o comedor escolar para atender a 100 nenos e nenas

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria executou unha reforma integral no centro educativo cunha actuación que pasou pola ampliación do comedor escolar, mellorar e redistribuír os espazos das plantas baixa e primeira ademais de ampliar a segunda planta do colexio.
As obras tiveron un investimento total superior aos 572.000 euros.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, comprobou esta mañá a finalización dos traballos.


Vigo, 05 de outubro de 2012.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de rematar os traballos de reforma e ampliación do CEIP O Pombal, que tiveron un investimento superior aos 572.000 euros.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo esta mañá un encontro co equipo directivo do centro para comprobar in situ a finalización dos traballos que se acometeron durante os meses de verán.

Os traballos supuxeron unha integral do centro educativo cunha actuación que pasou pola ampliación do comedor escolar, mellorar e redistribuír os espazos das plantas baixa e primeira ademais de ampliar a segunda planta do colexio. Así, coas obras executadas, a Administración autonómica gañou unha superficie total de 371 metros cadrados ademais de actuar na reforma de 252 m2.

Así, a execución se desenvolveu en dúas fases co que, na planta baixa, realizouse a ampliación do comedor escolar, que pasou de ter unha superficie de 33 metros cadrados a un total de 118 m2, e nos que se ofrece servizo ao redor de 100 nenos e nenas. Na mesma planta tamén se executaron traballos para mellorar a accesibilidade coa eliminación de barreiras arquitectónicas co obxectivo de cumprir coa normativa establecida.

Os traballos da segunda fase se realizaron na primeira e segunda planta do centro. Así, na primeira planta se reubicaron os espazos para contar cun local para a Anpa e a zona de dirección ademais de realizar un cambio de cuberta mentres que a segunda planta ampliouse en 370 m2 co fin de ubicar cinco novas aulas –dúas de elas serán trasladadas da planta baixa (música e inglés)- ademais de contar con outra aula de primeiro ciclo así coma dúas aulas polivalentes.

No hay comentarios: