viernes, 5 de octubre de 2012

O obxectivo do Feijóo para o 21-0 é acadar un incremento dos escanos por riba da maioría absoluta que xa contempla o CIS


•    O presidente do PPdeG sinala que ata o 21 de outubro aínda queda moito traballo pero “comezamos ben”
•    Lembra que os galegos están por riba das enquisas do CIS e dos obxectivos dos candidatos e serán eles quen sinalen as forzas que integrarán o Parlamento

Vigo, 5 de outubro de 2012.-
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou hoxe que o seu obxectivo como candidato para o 21 de outubro é acadar un incremento dos escanos por riba da maioría absoluta que xa contempla o CIS.

Segundo Feijóo, ao CIS correspóndelle facer enquisas e, por iso, os populares tómana como o que é, unha enquisa potente na que 4.000 persoas responden de forma presencial ás preguntas, polo que é rigorosa.

Non obstante, o candidato do PPdeG lembrou que os galegos están por riba das enquisas do CIS e dos obxectivos dos candidatos e serán eles quen sinalen as forzas que integrarán o Parlamento galego.

Con respecto a isto, sinalou que ata o 21 de outubro aínda queda moito traballo pero que, en todo caso, os populares “comezamos ben”.

Tal e como lembrou, o obxectivo do PPdeG é pedir humildemente a confianza da xente para ter un Goberno estable, cunha maioría folgada. Neste senso agarda que ao longo da campaña se poida confirmar esa maioría absoluta que contempla o CIS e mesmo un incremento de escanos no Parlamento sobre a maioría absoluta.

No hay comentarios: