viernes, 5 de octubre de 2012

Feijóo non subirá impostos e anuncia importantes ventaxas fiscais para os emprendedores



Incrementa as deducións no IRPF as persoas que invistan en participacións sociais de novas entidades e ás que causen alta no censo de emprendedores por primeira vez

Baixará o IRPF aos mozos implicados tamén na xestión de novas empresas

Prevé a dedución dun 100% no imposto de actos xurídicos documentados tanto na transmisión de inmobles destinados a local comercial como nos prestamos para adquirilos
Reducirá nun 95% a base impoñible do imposto de sucesións e doazóns naquelas que sexan a fillos e descendentes dos cartos destinados á creación dunha empresa o negocio



Vigo, 5 de outubro de 2012.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe un plan de axudas fiscais a emprendedores para impulsar a creación de empresas e, polo tanto, a creación de emprego.

Así, Feijóo anunciou que estenderá a dedución xa existente por investimentos en capital de entidades de nova creación aos mozos emprendedores implicados na xestión ordinaria, cunha nova dedución no IRPF do 20%, cun límite 4.000 euros de dedución. Tamén duplicará a dedución do IRPF (ata o 20% e cun límite de 8.000 euros) para as persoas que invistan en accións ou participacións sociais de novas entidades ou de recente creación.
O presidente do PPdeG duplicará a dedución do IRPF (ata 600 euros) para as persoas que causen alta por primeira vez no censo de emprendedores, ereducira nun 95% da base impoñible do imposto de sucesións e doazóns naquelas doazóns a fillos e descendentes dos cartos destinados á creación dunha empresa ou dun negocio, tendo en conta o patrimonio preexistente do donatario.

Alberto Núñez Feijóo asegurou tamén que incluirá nos orzamentos de 2013 un plan de axuda a emprendedores, con microcréditos e incentivos que favorezan a creación de empresas e de emprego: microcréditos que financien a posta en marcha de empresas e cubran os seus custos iniciais ata que xere beneficios.

Así o garantía o candidato do PPdeG á presidencia da Xunta nun almorzo na Fundación Inade en Vigo, ademais das baixadas selectivas de impostos, avanzou que o Goberno galego ten apoiado aos seus emprendedores, como demostra o feito de que se teñan concedido máis avais e préstamos nesta lexislatura que en toda a historia democrática da comunidade.

Así, sen ir máis lonxe, grazas ao apoio do Goberno galego con case 100 millóns de euros, hoxe pódese dicir que un sector estratéxico en Vigo, como é o naval, pecha a lexislatura sen ningún estaleiro en concurso de acredores.

APOIO Á INTERNACIONALIZACIÓN Para Feijóo, o empredurismo, a innovación e a internacionalización son tres piares nos que apoiar o obxectivo de crecemento da próxima lexislatura.

Por iso, en materia de innovación indicou que a Xunta fixo un esforzo de planificación a través da Axencia de Innovación, un esforzo en recursos humanos e en recursos materiais, activando, por exemplo, o Fondo Tecnolóxico l2C, dotado con 20 millóns de euros ou o Programa Interconecta, para apoiar proxectos de alto impacto de innovación dos emprendedores galegos.

Así mesmo, o dirixente popular fixo fincapé en que se multiplicaron por catro os recursos destinados á internacionalización e asegurou que os populares seguirán axudando aos emprendedores a expandir as súas posibilidades de mercado.
Por outra banda, Feijóo manifestou a súa creencia de que Galicia está máis segura para a recuperación xa que logrou despexar riscos cunha solvencia que permite incrementar o Estado de Benestar, blindar o autogoberno e estar no pelotón de saída cara o crecemento.

Nesta liña, dixo que ser solventes e cumprir o déficit é o precedente necesario para poder iniciar máis seguros o camiño da recuperación e niso Galicia, nesta lexislatura, sentou ese precedente.

Así mesmo, Feijóo comprometeuse a seguir facendo esforzos para ser solventes ata chegar ao déficit cero e poder así dedicar o 100% dos recursos ao crecemento.

VIGO
Feijóo fixo referencia tamén á estabilidade política de Galicia nestes momentos como atractivo para captar inversións, e colocou como exemplo a aposta de Citröen por Vigo y por fabricar nesa cidade os seus novos vehículos eléctricos, o cal é unha garantía para os 30.000 traballadores do sector do automóbil; e tamén o contrato con Pemex, que implica a captación de capital extranxeiro para a cidade, que terá un asteleiro que contará con carga de traballo grazas á construción dun buque flotel que chega pola acción exterior da Xunta.

As inversións de empresas de fora en Galicia son froito da estabilidade política que hai en Galicia e que hai que seguir impulsando dende a política e dende a Xunta.

No hay comentarios: