lunes, 15 de octubre de 2012

Bravo Bosch destaca o potencial que ten a Fundación Sales para convertirse nun referente "vivo" para a aprendizaxe

A delegada territorial da Xunta en Vigo mantivo esta mañá un encontro con responsables da fundación, un importante refuxio botánico “para corpo e espírito”.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, mantivo esta mañá un encontro con responsables da Fundación Sales co fin de coñecer as súas instalacións e a labor que desenrolan día a día.

Acompañada polo director botánico, Oliver Weiss, e o secretario da fundación, Francisco Rodríguez, Bravo Bosch coñeceu a institución que xestiona o legado do arquitecto paisaxista Francisco de Sales Covelo dende o ano 2001. Este legado consiste na vella casa do arquitecto e o seu espléndido xardín, que foi construído polas súas propias mans, facendo uso dun gran número de obxectos en desuso e incluso procedentes de derribos. A fundación constitúe hoxe un romántico e exótico emprazamento que conforma un peculiar xardín, cheo de rincóns e refuxios “para o corpo e o espírito”. Nel reúnense pequenos estanques, parterres e estatuas que crean un espacio de detallista beleza.

A delegada resaltou así o potencial que ten a fundación para converterse nun referente a nivel paisaxístico pero tamén de forma transversal nos eidos da cultura, da educación e no ámbito social e de ocio ademais do propio do medio ambiente, co obxectivo de ser un “obradoiro vivo para a aprendizaxe”.

A entrada á fundación é libre e, coma puido comprobar Bravo Bosch, permítese pasear e visitar as instalacións libremente ou acompañados polos xestores do centro en visitas guiadas que explican a orixe das especies e as súas particulariedades. Autoxestiónase coa venda de prantas así como as doazóns dos socios. Organiza tamén multitude de actividades e cursos do mais diverso, como ilustración para nenos; catas de viños e botánico; obradoiros de coidados de estanque; xardinería a nivel básico; inglés para nenos; elaboración de cosméticos ou encontros botânicos, entre outros.

No hay comentarios: