lunes, 15 de octubre de 2012

Feijóo ofrece axudas pola contratación indefinida dos tres primeiros traballadores por parte de emprendedores


  • Di que aplicar políticas de rigor da resultados en forma de mellores indicadores económicos, facilidades para financiarse, menos axustes e máis confianza en Galicia
  •  Crearanse microcréditos que financien a posta en marcha de empresas e manteranse os incentivos aprobados ata hoxe, aos que se engadirán cinco novos
  • Tamén compromete unha axuda ao pagamento das cotas á Seguridade Social dos novos autónomos
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que os populares seguirán acompañando aos autónomos cun programa de axudas á contratación indefinida dos tres primeiros traballadores contratados por un autónomo ou un emprendedor, e establecendo, durante un ano, unha axuda ao pagamento das cotas á Seguridade Social dos novos autónomos.

Así se expresaba o dirixente popular nun encontro con emprendedores en Pontevedra, onde asegurou que o Goberno galego non pode substituír o papel dos autónomos pero pode axudalos e iso é o que se vai seguir facendo.

O RIGOR DÁ RESULTADOS

Para Feijóo, a mostra de que Galicia se anticipou  aoutras comunidades púxose de manifesto na última Conferencia de Presidentes: todas as autonomías pactaron unha estratexia ante as institucións europeas, que é a de Galicia desde hai catro anos.

Neste senso, Feijóo destacou que o rigor dá resultados en forma de mellores indicadores económicos, por iso Galicia ten menos paro, menos débeda pública e o déficit máis baixo de España.

Así mesmo, o rigor permitiulle a Galicia ter despexado o risco de rescate e xa ten colocada o 72% da súa débeda.  Outras comunidades víronse obrigadas a acudir ao Fondo de Liquidez para provedores, pero Galicia non. “Cinco autonomías con más PIB que Galicia só chegan a fin de mes coa axuda do Estado”.

Ademais, grazas ao rigor, Galicia despexou o risco de ter que afrontar drásticos axustes e mesmo puido incrementar o benestar, de forma que non só evita ter que pechar centros sanitarios como outras comunidades, senón que constrúe novos hospitais e centros de saúde.

Nesta liña, Feijóo subliñou que en plena crise económica, Galicia non se ve obrigada a reducir servizos sociais para pagar os intereses da débeda senón que abre máis de 6.000 novas prazas públicas de garderías, centros de día e residencias.

Por outra banda, Feijóo lembrou que aplicar políticas de rigor permite a Galicia contar con máis confianza, por iso grandes empresas como Inditex, Nestlé, Citroën ou Pemex están apostando por investir e xerar riqueza en Galicia.

DÉFICIT 0 – 100% DE CRECEMENTO

Segundo o líder do PPdeG, agora Galicia ten unas contas públicas que lle deixan mirar cara adiante e, por iso, está en condicións de que a vindeira lexislatura sexa a do déficit cero e 100% de crecemento.

Nesta liña, destacou que ese crecemento irá acompañado coa innovación, a internacionalización e o emprendemento.

No que atinxe á innovación, destacou que xa se fixo e seguirase facendo un esforzo de planificación, a través da Axencia de Innovación ou do Plan l2C; un esforzo en recursos humanos, tratando de reter a maior parte de investigadores en Galicia; e un esforzo en recursos materiais, nas universidades, nos servizos públicos ou no eido privado.

En materia de internacionalización, Feijóo destacou que se multiplicaron por catro os recursos destinados a este obxectivo e seguirase axudando aos emprendendores a expandir as súas posibilidades de mercado.

En relación ao emprendemento, o líder do PPdeG destacou que o apoio aos emprendedores foi unha prioridade nesta lexislatura e seguirao sendo. Así, nas contas de 2013 incluirase un plan de axuda aos galegos que teñen en mente poñer en marcha un proxecto. Crearanse microcréditos que financien a posta en marcha de empresas e manteranse os incentivos aprobados nesta lexislatura, aos que se engadirán cinco novos que favorezan a creación de empresas e emprego.

Así, estenderase a dedución xa existente por investimentos en capital de entidades de nova creación aos mozos emprendedores implicados na xestión ordinaria, cunha nova dedución no IRPF do 20%; duplicarase a dedución do IRPF para as persoas que invistan en accións ou participación sociais e as que causen alta por primeira vez no censo de emprendedores; reducirase o 95% o imposto de sucesións e doazóns nas doazóns a fillos e descendentes dos cartos destinados á creación dunha empresa e deducirase o 100% no imposto de actos xurídicos tanto na transmisión de inmobles destinados a local comercial como nos préstamos para adquirilos.



No hay comentarios: