viernes, 9 de noviembre de 2012

El PP exige en Bruselas que Galicia siga recibiendo fondos en 2014-2020


Os membros do grupo do Partido Popular Europeo no Comité das Rexións felicitaron ao PPdeG pola recente vitoria electoral

Reunido en Sofía, o grupo PPE do Comité das Rexións define as súas prioridades de actuación para o presente curso político
​O PPdeG estivo representado por Jesús Gamallo, coordinador do grupo popular europeo na comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) do CdR


O grupo do Partido Popular Europeo no Comité das Rexións reuniuse hoxe en Sofía (Bulgaria) para definir as súas prioridades políticas no ámbito da axenda europea para 2013, entre as que destaca o apoio a un presuposto forte para a Unión Europea para o período 2014-2020. A reunión serviu tamén para celebrar unha discusión de alto nivel sobre os novos aspectos da futura política de cohesión co obxectivo de que esta contribúa en maior medida ao crecemento e á competitividade das rexións europeas despois de 2013.

Durante a xuntanza os membros do CdR en cuxas circunscricións se teñen celebrado procesos electorais puideron analizar os resultados obtidos co resto de integrantes do Grupo. Neste sentido, o director xeral de relacións exteriores e coa UE, Jesús Gamallo Aller, foi felicitado pola recente vitoria do PPdeG nas eleccións galegas celebradas o 21 de outubro.

Ante un escenario marcado polas complexas negociacións sobre o orzamento da UE a partir de 2014, o debate sobre o futuro da Política de Cohesión ocupa un lugar prioritario na axenda política europea. O grupo PPE no CdR quixo aproveitar esta reunión para reafirmar o seu compromiso co mantemento do peso desta política no vindeiro Marco Financeiro Plurianual 2014-2020 como elemento necesario para a saída da crise e a consecución dos obxectivos da Estratexia Europa 2020. Igualmente, os membros do grupo PPE no CdR defenderon unha vez mais o establecemento dunha axuda transitoria reforzada para as rexións que, como Galicia, abandonaran en 2014 o estatuto de rexións menos desenvolvidas da Unión Europea.

O debate está centrado tamén neste momento na definición dos ámbitos nos que se poderán investir os fondos europeos. Neste sentido, o grupo do PPE aposta pola inclusión do turismo como eixo prioritario xunto coa I+D+i, o apoio aos emprendedores e as pemes, ou a eficiencia enerxética.

Tras o debate foi aprobada unha declaración política do grupo PPE do CdR sobre a dimensión urbana da Política de Cohesión despois de 2013, unha das novidades para o novo período orzamentario europeo.

A reunión contou coa asistencia do Viceprimeiro Ministro da República de Bulgaria quen desculpou a ausencia do Primeiro Ministro da República pola morte do Patriarca da Igrexa Ortodoxa de Bulgaria. Ademais, tamén participaron a ministra de Desenvolvemento Rexional do goberno de Bulgaria e a alcaldesa de Sofia, entre outras autoridades búlgaras.

No hay comentarios: