viernes, 9 de noviembre de 2012

Nova edición do programa "Coñece a túa provincia" na Deputación de Pontevedra


O presidente da Deputación, Rafael Louzán, anunciou hoxe a posta en marcha dunha nova edición do programa “Coñece a túa provincia” dirixida a asociacións de maiores, mulleres, discapacitados, veciños, etc. de Pontevedra. Os interesados en participar disporán de prazo ata o 29 de novembro para presentar as solicitudes. Segundo explicou o presidente, este ano ofreceranse un total de 11 rutas, 4 máis que o ano pasado, polo que a Deputación prevé que participen na iniciativa unhas 15.000 persoas.
Ademais de contribuír a desestacionalizar e a promocionar o turismo e a fomentar o consumo e o dinamismo comercial da provincia “conseguimos con este programa que moitas persoas coñezan os edificios do patrimonio da Deputación, dende o Museo de Pontevedra, ata o Pazo Provincial, o Castelo de Soutomaior, a Finca de Mouriscade”, aseverou Louzán.
“Coñece a túa provincia” constitúe unha iniciativa pioneira en Galicia que a Deputación puxo en marcha no ano 2008 e dende entón participaron nela preto de 40.000 persoas.
Na primeira edición da iniciativa a Deputación deseñou unhas rutas experimentais centradas na comarca de Pontevedra. En vista do éxito a Deputación impulsou no 2009 a Ruta de Mouriscade e o pasado 2011 a Ruta Arqueolóxica que achega ós cidadáns ata o entorno natural e patrimonial de Cerdedo. Este ano sumamos 4 rutas máis ata un total de 11.
Esta iniciativa da Deputación contribúe ó mantemento dos empregos directos en sectores estratéxicos como a hostalería, o comercio, a artesanía, e o turismo. Para levar adiante este proxecto a Deputación conta coa participación dos negocios, museos, e distintos establecementos de interese das distintas zonas.


AS RUTAS
1. Ruta Padroado: Deputación de Pontevedra + Palacete das Mendoza+ Pazo Lourizán + Museo Pontevedra + Castelo Soutomaior.


2. Ruta do Descubrimento: Conxunto Histórico Baiona e Virxe da Roca.


3. Ruta das Adegas : Conxunto Histórico - Artístico de Cambados+ Museo Etnográfico do Viño + Muíños de Barrantes + Adega.


4. Ruta Pazo de Oca- Lalín e Pazo de Anzuxao (Fábrica de queixos): Pazo de Oca+ visita a Lalín+ Fábrica de queixos Anzuxao + Pazo de Oca.


5. Ruta Poio e Combarro: Visita a Poio, Monte Castrove, Mosteiro de Poio, Mosteiro de Armenteira e vila de Combarro.


6. Ruta Mouriscade: Laboratorio e Finca Mouriscade, Museo de Doade.


7. Ruta da Armenteira: Mosteiro +Meis +Monte Castrove, Pazo Señoráns.


8. Ruta Arqueolóxica: Parque Arqueolóxico de Campolameiro + Rodeiro+Cerdedo


9. Ruta Marítima Illa San Simón e Redondela: Praia de Cesantes-Redondela+Ruta marítima con destino á Illa de San Simón.

10. Ruta Marítima Ría de Arousa: O Grove+ A Toxa+Praia de A Lanzada+ Portonovo+Sanxenxo+Monte Siradella.


11. Ruta Marítima Illas Cíes e Vigo: Ruta marítima pola Illas Cíes+Visita guiada polo Berbés+ Monta da Guía.

No hay comentarios: