domingo, 20 de enero de 2013

A ponencia económica do PPdeG pide a SEPI que intensifique a acción comercial no exterior para seguir logrando contratos


A mesa “A crise como reto de presente; o crecemento como meta do futuro” propón plans específicos de desenvolvemento da zona rural para facelo máis atractivo e fixar poboación

Os populares salientan a conveniencia de protexer aosafectados polas preferentes e suxiren acordar a exención de taxas e axudas fiscais para os emprendedores

A mesa económica rexistra unhas 140 emendas, das cales a ampla maioría foron aceptadas e, entre as transaccionadas, tamén se aprobou a maior parte


A ponencia económica do Partido Popular de Galicia pide á SEPI que intensifique a súa acción comercial no exterior para seguir logrando contratos. De acordo cunha emenda rexistrada a esta mesa, ínstase tanto á SEPI como a Navantia a continuar implementando o seu traballo fóra das fronteiras galegas e, deste xeito, seguir protexendo aos traballadores desta industria. Tamén dentro do sector naval, pídese que os astaleiros de Ferrol sexan dotados de instrumentos que lles permitan manter a súa competitividade.

Paralelamente, o Partido Popular de Galicia avoga pola dinamización das zonas rurais e pola intensificación da acción internacional do sector naval.

En concreto, proponse o deseño de plans específicos de desenvolvemento rural cun triplo obxectivo: fixar poboación, crear emprego e dinamizar as áreas rurais. Así mesmo, e tamén co obxecto defacer máis atractivas estas áreas, apróbase fomentar a instauración degrandes cooperativas para incrementar o valor engadido e, deste xeito, corrixir o minifundismo local.

Outras emendas que amosan o fondo coñecemento da realidade galega apostan polo endurecemento de penas para incendiarios e polo fortalecemento do papel do IGAPE no tocante aos programas de apoio á internacionalización.

Entre o capítulo das transaccionadas figuran a incorporación do porto de Vigo á Rede Europea de Transportes, a diversificación da oferta de voos dende os tres aeroportos galegos, especializándoos e xestionándoos de modo conxunto, así como medidas específicas para emprendedores, como a exención de taxas para mozos que leven a cabo un novoproxecto empresarial. Tamén axudas fiscais na cotización para os emprendedores novos.

Os afectados polas preferentes tamén son obxecto de preocupación dos populares, quen avogan pola defensa continua das persoas que se viron implicadas nesta circunstancia.

Por último, cómpre salientar o elevado interese que suscitou a comisión segunda na que se abordou o relatorio “A crise como reto de presente; o crecemento como meta do futuro”, xa que se presentaron para o debateunhas 140 emendas, das cales a ampla maioría (concretamente, 75)foron aprobadas e, entre as 30 transaccionadas, tamén se aprobaron a maior parte.

No hay comentarios: