domingo, 20 de enero de 2013

Barreiro: “Entender España, hoxe en día, non sería posible sen a figura de Manuel Fraga”

O Presidente do PP de Lugo resaltou os resultados obtidos nas Eleccións Autonómicas

O líder dos populares lucenses agradeceu o compromiso de Feijóo coa provincia e afirmou que a celebración do XV cónclave rexional débese aos resultados optidos pola formación lucenses


Dúas foron as liñas xerais nas que discurreu a intervención do Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro na súa intervención do Congreso do PPdeG: a figura de Manuel Fraga e o compromiso de Alberto Núñez Feijóo coa provincia lucense.

Logo de resaltar a liña política de D. Manuel Fraga e afirmar que “hai que seguir o modelo o fundador do partido, un dos principias protagonistas do proxecto máis importante da historia democrática de España, a transición española, José Manuel Barreiro lembrou a relación persoal con Manuel Fraga e destacou a honra que tivo por poder estar con él no último goberno da Xunta de Galicia e afirmou que o maior orgullo é a gran herdanza de Fraga, posto que é o exemplo da súa vida en canto ao seu compromiso co conxunto da sociedade.

Tras resaltar a figura de D. Manuel, o líder dos populares lucensesdestacou o compromiso de Alberto Núñez Feijóo coa provincia de Lugo e agradeceulle a decisión de celebrar o XV cónclave rexional na cidade da muralla.

“É un recoñecemento polos históricos resultados acadados o 21 de outubro. O PP de Lugo significou en termos electorais, un dos períodos nos que ten consolidado e ampliado o seu éxito electoral dos últimos anos”- manifestou Barreiro, quen engadeu que os populares lucenses consolidaron e ampliaron a súa maioría social, reforzando a estrutura interna do partido.

Destacou o Presidente Provincial que dende o ano 2009, entorno a un millar de persoas incorporáronse ao PP de Lugo, un dato que supón un incremento próximo ao 10% na afiliación total.

“Cada día sumamos un afiliado máis ao partido o que é síntoma de fortaleza interna e de compromiso da formación política que preside na defensa dos intereses da provincia”- aseverou.

O Presidente dos Populares lucenses puxo de manifesto que o apoio e a forza electoral foi medrando, malia ser tempos difíciles e de moitos sacrificos na acción de goberno, pero asegurou que esto é consecuencia das políticas de transparencia e rendición de contas que o Partido Popular de Lugo vén efectuando ante a cidadanía e ante o conxunto de afiliados. “Demos a cara, saímos a rúa e explicamos as medidas adoptadas e a situación; en definitiva, contamos a verdade”- manifestou.

No hay comentarios: