domingo, 20 de enero de 2013

Rueda agradece a confianza de Feijóo para repetir na secretaría xeral e recorda que no PPdeG hai moitas persoas válidas



Destaca a dedicación dos valentes de NNXX que dan a cara polo partido cada día e reivindica a dedicación dos políticos

Sobre o balance na xestión do partido, apunta que quedou votado nas eleccións autonómicas nas que o PPdeG aumentou a representación parlamentaria en tres deputados


O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, agradeceu hoxe a confianza depositada na súa persoa por parte do presidente dos populares galegos para repetir no cargo por terceira vez. O dirixente popular recordou que no partido hai moita xente preparada para asumir responsabilidades e destacou o magnífico equipo que conforma o proxecto dos populares galegos.

Rueda presentou o balance de xestión do Comité Executivo saínte minutos antes de que o aspirante a reelección anunciara a lista coa que revalidará o seu mandato. Así, fixo unha defensa da clase política en momentos nos que non é fácil dar a cara para defender a un partido, e destacou que o acoso que sofren algúns dirixentes e as súas familias non é xusto.

Alfonso Rueda quixo ademais louvar o traballo das Novas Xeracións do partido, que traballan moito a cambio de moi pouco, e que defenden as nosas siglas nun contexto especialmente difícil.

Sobre o balance na xestión do partido, o secretario xeral destacou que quedou votado nas eleccións autonómicas nas que o PPdeG incrementou a súa representación parlamentaria en tres deputados.

Nunha intervención que comezou cun vídeo homenaxe a Manuel Fraga que levantou a unha parte dos asistentes ao plenario, Rueda apostou por seguir acadando éxitos a través da unidade do partido.

No hay comentarios: