domingo, 20 de enero de 2013

Louzán chama a afrontar esta nova etapa co obxectivo central de darlle saída á crise canto antes, desde a unidade e o liderado

Destaca a capacidade de liderado de Feijoo, ao que cualificou como “un referente en Galicia e fóra dela”

Sitúa ao PP como principal aliado dos afectados polas preferentes e lembra que “os galegos e galegas estafados van ter sempre a nosa solidariedade e a de todos os galegos”.

A provincia de Pontevedra estivo representada no Congreso por máis de 700 persoas, entre compromisarios e convidados, para “respaldar de novo ese proxecto político que lidera a persoa que máis precisa Galicia hoxe en día”.

“Vós sodes os artífices de cada vitoria deste partido”, asegurou, despois de darlle as gracias aos mebros das agrupacións locais porque “non momento coma este estades dando a cara en cada un deses 315 concellos”.


 O presidente provincial do PP en Pontevedra, Rafael Louzán, fixo hoxe un chamamento a afrontar esta nova etapa que se abre no PPdeG co obxectivo central que sempre marcou a traxectoria dos populares: estar cerca das persoas e das familias, especialmente daqueles que se atopan nunha situación máis delicada, como os que non teñen traballo ou os afectados polas preferentes.

Neste sentido, Louzán incidiu en que este é un congreso para “falar dos problemas de Galicia, dos problemas da xente”, aos que quixo mandar unha mensaxe de esperanza, porque contan “cun partido unido e un presidente comprometido” que están a traballar “para xerar confianza”, para que canto antes se comece a xerar emprego.

Para o presidente provincial dos populares de Pontevedra, é preciso facer un chamamento á implicación das entidades bancarias “para que faciliten créditos e poidanmos volver á senda do crecemento”.

“Hai que recuperar esa confianza e que esas persoas que neste momento non teñen traballo o poidan ter canto antes”, proclamou.

Non quixo esquecerse tampouco dos afectados polas preferentes, aos que lles lembrou que “o PP non é responsable” da situación que sofren, pero si asumiu como unha labor propia buscar solucións aos seus problemas, conseguindo que máis de 12.000 persoas puidese recuperar os seus aforros.

Pero o PP non se vai quedar aí, aseverou “imos estar ao seu lado, o PPseguiremos sendo os seus grandes aliados para salis deste grave problema”.

A falta de traballo e as preferentes son só algúns dos problemas de Galicia, aos que se suman os do naval, o agro, a pesca... e para todos, dixo Louzán, ofrece o PPdeG “traballo, dedicación e esforzo”.

AS AGRUPACIÓNS LOCAIS, NO CENTRO
O presidente provincial do PP de Pontevedra quixo poñer ás agrupacións locais, aos alcaldes, voceiros e concelleiros que desde os 315 concellos de Galicia traballan cada día coas persoas, como centro e forza do PP. “Vós sodes os artífices de cada vitoria deste partido”, asegurou, despois de darlle as gracias porque “non momento coma este estades dando a cara en cada un deses 315 concellos”.

Louzán valorou o papel que se está a desenvolver en todas e cada unha das agrupacións locais, así como o do comité executivo saínte, os conselleiros e conselleiras e o propio Alberto Núñez Feijoo.

ESTAMOS EN BOAS MANS
Porque este é un partido, afirmou “asentado na unidade e no liderado sólido, dunha persoa que é Alberto Núñez Feijoo.

Sendo así, amousou o seu agradecemento a todos e cada un dos máis de 700 militantes da provincia de Pontevedra que se desprazaron ata Lugo para “respaldar de novo ese proxecto político que lidera a persoa que máis precisa Galicia hoxe en día e que é un referente tanto en Galicia como fóra dela”.

“Estamos en moi boas mans –afirmou- e poor iso creo que todos imos dar o mellor de cada un de nós para sacar a Galicia adiante”. Nesa labor situou ao equipo da Xunta de Galicia e tamén a Ana Pastor, da que dixo “está dando a cara por Galicia e vai ser unha peza clave nas infraestruturas que lle faltan a esta comunidade”.

No hay comentarios: