domingo, 20 de enero de 2013

O relatorio social do PPdeG incluirá a libre elección de médico de familia e de centro escolar


Presentáronse 64 enmendas, das cales 52 foron aceptadas e en catro chegouse a un acordo, o que significa en termos porcentuais, o 81%

Resaltouse o esforzo inversor que está a facer o PPdeG en infraestructuras hospitalarias e aprobouse a enmenda da posta en marcha da hemodinámica no Lucus Augusti


No relatorio “as persoas como prioridade dunhas institucións abertas” quedou patente que para o PP os cidadáns son o primeiro e fíxose fincapé na situación económica que estáa vivir o país, afirmando que agora, máis que nunca, tódalas administracións teñen que estar presentes para responder a proximidade, aos novos desafíos e as demandas das persoas; é necesario redefinirse e priorizar prioridades.

Nun relatorio no que se analizaron a educación, a sanidade, os servizossociais e o modelo do país resaltouse o traballo do Goberno da Xunta de Galicia, calificándose de capaz de situar a Galicia nun referente no mapa autonómico.

No relatorio lembrouse que a crise económica intensificou a necesidade de facer máis extensivos os mecanismos de colaboración intermunicipal, revisando as entidades que non prestan servizo algún, traballando na rede, cun diálogo constante coa Administración Autonómica e aproveitando ao máximo os recursos públicos e destacouse que Alberto Núñez Feijóo, foi capaz de facer con menos, máis, reducindo o consumo no funcionamento.

Foron en total 64 as enmendas presentadas nesta ponencia, das cales 52 foron aceptadas, o que en termos porcentuais significa o 81%.

EDUCACIÓN
No tocante a educación púxose de manifesto que para o PP a educación é un elemento clave para a plena capacitación humana e profesional, ao mesmo tempo que é considerada un indicador de desenvolvemento e progreso da sociedade; un servizo público esencial e de máxima responsabilidade para as institucións e recalcouse o compromiso dos populares por conseguir a libre elección de centro escolar por parte das familias, na contribución a lograr en Galicia unha educación en liberdade.

Lembrouse que nos últimos anos adaptouse o sistema existente as novas tecnoloxías, mellorando a calidade educativa e a pesares da complexa situación económica, sete de cada dez galegos acceden a bonificacións para a adquisición de libros de texto, increméntanse o número de prazas en comedores escolares e poténciase a aprendizaxe de linguas estranxeiras a través da rede de centros plurilingües.

Con respecto a política universitaria aprobouse no relatourio que o PPdeG porá en marcha a nova Lei de Universidades de Galicia, orientada a racionalización da oferta educativa, completando así a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior, e o Plan de Financiamento do Sistema Universitario, formulado de xeito consensuado coas tres universidades galegas.

SANIDADE
Na quenda da sanidade manifestouse o compromiso do PP por facilitar a resolución dos problemas de saúde no punto máis próximo e accesible ao cidadán cunha Reordenación Asistencial e numerou unha serie de medidas concretas, adoptadas polo Goberno Galego, para mellorar a sanidade dos galegos e das galegas.

Aprobouse neste relatorio que o PPdeG continuará coas obras do novo Hospital Público de Vigo, finalizará a segunda fase do Plan Director do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña e así como a fase de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, continuará coa tramitación para a licitación do novo Hospital de Pontevedra, ampliarase o Hospital do Salnés e o de Burela, porase en funcionamento os Centros de Saúde de Serantes e As Somozas e iniciarase a construción de 15 novos Centros de Saúde.

No tocante ao Lucus Augusti califouse este hospital referencia a nivel internacional, recoñecendo que é certo que dos servizos inicialmente previstos quedan algúns por poñer en marcha como son a hemodinamica, medicina nuclear e radioterapia polo que se aprobou a enmenda de que as administracións públicas teñen a obriga de garantir a calidade e seguridade destes servizos segundo os criterio cientifico-tecnicos admitidos e que por iso é necesario telos en conta para priorizar a súa posta en marcha, e ademáis acreditar, en termos de eficiencia, os investimentos a executar.

No texto recollido no relatorio á Lei de Garantías de Prestacións oGoberno Galego outorgará as certezas necesarias sobre prazos aos usuarios do Sistema Público de Saúde de Galicia; que garantirá a libre elección de médico de familia, pediatría e de persoal de enfermaría asícoma do centro hospitalario.

No hay comentarios: