domingo, 20 de enero de 2013

Negreira: “O municipalismo será a clave para lograr que Galicia sexa a primeira comunidade en saír da crise”

O presidente provincial interveu no Plenario do XV Congreso do PPdeG, en representación dos 30.000 militantes do PP na provincia da Coruña

Reivindica a política peonil, próxima aos cidadáns, como algo fundamental á hora de tomar decisións

Resalta que o partido completou estes últimos anos un tránsito xeracional que combinou experiencia con renovación, sempre “sen personalismos”


O presidente do Partido Popular da provincia da Coruña, Carlos Negreira, participou no Plenario do XV Congreso do PPdeG que se celebra en Lugo, en representación dos 30.000 militantes do PP na provincia da Coruña.

Durante a súa intervención, Negreira reivindicou o municipalismo como“a clave para conseguir ese gran obxectivo que é que Galicia se converta na primeira comunidade autónoma en saír da crise”. Na súa opinión, a clave está en “saír á rúa”, xa que considera imprescindible escoitar os problemas dos cidadáns á hora de tomar decisións.

O presidente provincial tampouco se esqueceu de dedicar unhas palabras ao Presidente-Fundador, Manuel Fraga Iribarne. Sobre o seu legado, afirmou que sentiríase “orgulloso” da transición xeracional que experimentou o Partido Popular en Galicia desde o ano 2006. “Fixémolo ben” -afirmou-, combinando a xenerosidade dos que estaban coa renovación dos que chegaron, pero sempre sen personalismos”.

Finalmente, Carlos Negreira agradeceu a presenza do presidente de honra do PP da Coruña, Gerardo Fernández Albor, a quen puxo de exemplo, pola súa impecable vocación de servizo público e o seu papel á hora de sentar as bases da Autonomía galega.

No hay comentarios: