domingo, 20 de enero de 2013

Baltar: “O PPdeG ten dous retos por diante: popularizar o galeguismo e galeguizar a modernización”


· Reivindica que os populares "somos un partido que tira do país e non unha forza política que tire co país"

· O presidente provincial do PP de Ourense incide en que o PPdeG ten como máxima prioridade Galicia, e así continuará a ser, "cun partido Ambicioso, Necesario e de Futuro (ANF)"


O presidente do Partido Popular da provincia de Ourense, Manuel Baltar, participou no Plenario do XV Congreso do PPdeG que se celebra en Lugo, en representación dos militantes do PP en Ourense.

Durante a súa intervención, Manuel Baltar deixou claro que "Galicia é a nosa razón de ser, o noso motor. Levantémonos todos os días pensando en que podemos facer por Galicia", sinalando que está foi, é e será a principal premisa do PPdeG, tal e como se puxo de manifesto durante o Congreso. Ademáis, sinalou que o PPdeG ten por diante dous grandes retos: "Popularizar o galeguismo e galeguizar a modernización".

O presidente provincial dos populares ourensáns proclamou tamén que "o centrismo, o reformismo e o galeguismo da nosa formación son irrenunciables. E Alberto Núñez Feijóo, o garante de que sigan sendo o noso sinal de identidade". De feito, sinalou tamén Baltar que o PPdeG "é un partido Ambicioso, Necesario e de Futuro (ANF)".

Por último, Manuel Baltar fixo referencia ás reformas que se teñen posto en marcha dende os gobernos liderados polo Partido Popular: "Somos o partido da estabilidade, o que máis necesita un país nunha situación tan dura económicamente como a actual. E os cidadáns o saben, o valoran e nos votan", concluiu o presidente provincial de Ourense, quen deixou claro que os cidadáns buscan proxectos serios e rigurosos, manifestando que "non todo vale en política".

No hay comentarios: