viernes, 28 de junio de 2013

A Deputación destina más de 500.000 euros a mellorar a sinalización de 10 estradas provincias da zona sur

· As obras reforzarán a seguridade viaria e o control dos vehículos 

· Dotarase as estradas dun tratamento antideslizante e reporase a sinalización horizontal


A Deputación de Pontevedra levará a cabo o proxecto de mellora da capa de rodadura a través da aplicación dun tratamento antideslizante e de reposición de sinalización horizontal existente nas estradas provinciais da zona sur.

Trátase dun proxecto que ten por finalidade reforzar a capacidade de freado e control dos vehículos que se atopan con este problema durante o traxecto. O organismo provincial destina un orzamento de 504.652 euros a este proxecto de seguridade viaria cun prazo de execución de referencia de 6 meses.

As actuacións levaranse a cabo nas seguintes estradas:

· E.P. 0103 N-550 Lago de Castiñeiras, tramos P.K. 0+000a P.K. 5+500

· E.P. 0104 Ramal Igrexa de Figueirido, tramos P.K. 0+000a P.K. 0+670

· E.P. 1103 San Benito- Domaio, tramos P.K. 0+000 a P.K. 2+500

· E.P. 1205 Acceso Praia de Aguete, tramos P.K. 0+000a P.K. 0+364

· E.P. 1307 Praia Lapamán, tramos P.K. 0+000a P.K. 0+195

· E.P. 1308 Praia Lagos, tramos P.K. 0+000a P.K. 0+900

· E.P. 1309 Praia Beluso, tramos P.K. 0+000a P.K. 0+500

· E.P. 2204 Sabarís-Belesar, tramos P.K. 0+650a P.K. 1+400

· E.P. 3302 Tabagón-Rosal-Portocelo, tramos P.K. 0+000a P.K. 1+180

· E.P. 4305 Lougares-Piñeiro, tramos P.K. 4+820 a P.K. 8+980

A Deputación ten previsto tamén executar outros dous proxectos similares nas estradas da zona centro e da zona sur, cun investimento total superior ao millón e medio de euros.

No hay comentarios: