viernes, 28 de junio de 2013

A Xunta mellora a seguridade viaria da estrada de Zamáns coa ampliación da rede semafórica

Vigo, 28 de xuño de 2013.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ven de mellorar a seguridade viaria da Estrada de Zamáns (PO-331), á altura do punto quilométrico 8,6 na confluencia coa Estrada da Igrexa, coa ampliación da rede semafórica na zona.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, visitou esta mañá a parroquia de Zamáns para comprobar a instalación da nova rede semafórica, que contou cun investimento superior aos 21.000 euros (21.779,93 euros), e que tiña coma obxectivo regular o tráfico e o paso de peóns nesta zona de Zamáns.

Esta actuación era unha vella reivindicación dos veciños e veciñas da parroquia ao tratarse dunha intersección con pouca visibilidade e na que se tiñan producido accidentes. Deste xeito, dende a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) levouse a cabo dita actuación, que consiste na colocación dunha completa e nova rede semafórica automática de detección de vehículos co obxectivo de mellorar a seguridade tanto das persoas coma do tráfico.

No hay comentarios: