miércoles, 10 de octubre de 2012

A Xunta aclara que o sistema para conceder as axudas para comedor escolar xestionadas por Foanpas é máis xusto e equitativo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, explicou que, por primeira vez este ano, o sistema de baremación e máis xusto e equitativo para todos os solicitantes xa que non se computa a relación cos concellos mentres si se mantén a puntuación polos aspectos puramente educativos e relativos á actividade coma son o número de alumnos, os programas educativos ou os hábitos alimentarios saudables.

Foanpas segue sen ter programas de hábitos alimentarios saudables que se lles podan computar á hora de conceder as axudas.  

A resolución das axudas publicouse no DOG deste pasado luns, 8 de outubro, polo que Foanpas ten un mes para recurrir a resolución se así o considera oportuno.


A Xunta de Galicia aclarou hoxe que o sistema de baremación polo que se conceden as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de pais e nais do alumnado (Anpas) é máis xusto e equitativo para todos os solicitantes.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, explicou esta mañá que, por primeira vez este ano, a baremación é máis xusta e obxectiva para todos os solicitantes xa que non se computa a relación cos concellos mentres si se mantén a puntuación polos aspectos puramente educativos e relativos á actividade da Anpa coma son o número de alumnos, os programas educativos ou os hábitos alimentarios saudables.

Neste caso, no relativo a Federación Olívica de Nais e Pais (Foanpas), quiso lembrar que os puntos perdidos son os relativos a relación que tiña co concello ademais de recordarlles que, como máximo, e segundo a norma publicada no DOG do 30 de maio de 2012, se establece a concesión do 50% do seu orzamento e que debe estar xustificado todo o gasto. Ademais, tamén establece unha importante puntuación para as Anpas que conten con programas de hábitos saudables, aspecto no que, coma incidiu, Foanpas recibiu 0 puntos dende hai varias convocatorias porque segue sen ter dito programa para que se lles poida computar esta actividade.

Hai que lembrar así que a Orde que establece as axudas para comedor escolar publicouse no DOG do 30 de maio deste ano e que se aplica da mesma maneira que en convocatorias anteriores e para toda Galicia e coa única diferencia de que este ano non se barema a relación das Anpas cos concellos, de modo que o reparto é máis equitativo, xusto e obxectivo entre todos os solicitantes ao valorar única e exclusivamente aspectos cinguidos á actividade da propia Anpa e non a relación cos concellos.

De todos modos, a resolución de ditas axudas publicouse no DOG deste pasado luns, 8 de outubro,  polo que Foanpas ten aínda un mes para recurrir dita resolución se así o considera oportuno.

No hay comentarios: