miércoles, 3 de octubre de 2012

O PPdeG elixe "Galicia primeiro" como o lema dunha campaña na que celebrarán máis de 500 actos electorais

 


Indica que esa frase resume a filosofía que Feijóo marcou nestes catro anos en Galicia e tamén a que marcará a acción de Goberno se o PPdeG obtén a maioría

Lembra que o sábado se celebrará o acto central en Pontevedra no que se agardan 12.000 persoas

O secretario xeral e coordinador de campaña do PPdeG, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que a formación elixiu Galicia primeiro como o lema dunha campaña na que celebrará máis de 500 actos electorais.

Segundo o dirixente popular, trátase dunha frase que resume os eixos da campaña do PPdeG e a filosofía que Alberto Núñez Feijóo ten marcado estes catro anos en Galicia e que marcará a acción de goberno do partido nos vindeiros catro se os populares obteñen o apoio maioritario dos galegos.

Polo tanto, Galicia primeiro porque foi a primeira, entre outras cousas, en controlar o déficit ou lexislar para non gastar máis do que ten e tamén porque, por riba de liortas e de intereses partidarios e persoais, o PPdeG puxo a Galicia por riba de todo.

Ademais, trátase dun lema que non vai contra ningunha opción, tal e como o propio Feijóo indicou que sería a súa campaña.

ACTOS DE CAMPAÑA

Rueda apuntou que a campaña do PPdeG será intensa, con máis de 500 actos nestes 15 días, dos cales 80 deles contarán coa presenza de Alberto Núñez Feijóo.

Segundo o dirixente popular, o candidato estará presente nas catro provincias, especialmente en Pontevedra, onde participará en mitins e paseos pola rúas para manter o contacto directo coa cidadanía, para que os galegos volvan prestarlle a súa confianza maioritaria.

Por outra banda, indicou que a campaña arrancará na noite de mañá en Santiago de Compostela e, trala xornada do venres, celebrarase ese primeiro gran acto insignia do partido: o mitin da praza de touros en Pontevedra, no que se agarda unha asistencia de 12.000 persoas.


No hay comentarios: