miércoles, 3 de octubre de 2012

Javier Guerra salienta no décimo aniversario do CTAG a aposta da Xunta polos centros tecnolóxicos para impulsar o crecemento empresarial a través da innovación


O conselleiro de Economía e Industria destacou hoxe durante unha visita ao centro tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) o importante servizo que presta a instalación ubicada no municipio de Porriño á modernización e adaptación ás novas tecnoloxías do sector do automóbil e a industria de compoñentes. Javier Guerra sinala que o Centro de Excelencia en Electrónica, que conta co apoio do Goberno galego, permitirá apoiar a entrada das empresas galegas en novos mercados e atraer investimentos cara Galicia. O titular de Economía e Industria lembra que co Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento se promove a xeración de valor económico, riqueza e emprego a partir do coñecemento.
No sector da automoción, a Xunta de Galicia colaborou decisivamente a sua estabilidade nestes momentos de crise. O departamento de Economía e Industria investiu máis de 110 millóns de euros para que a multinacional gala PSA Peugeot Citroën confirmase o lanzamento mundial de tres novos modelos dende a fábrica de Vigo.
Esta decisión, agardada con especial interese en Galicia, aporta unha carga de traballo asegurada para o sector automovilístico gallego durante polo menos os vindeiros oito anos. De feito, la planta viguesa confirmou que no ano 2013 incrementará ata un 30% a súa producción actual e volverá a producir perto dos 400.000 vehículos. 
A boa nova incide tamén de manera sustancial en toda a industria auxiliar. Compre lembrar que o ramo da automoción emprega en Galicia a caseque viente mil familias, entre a propia fábrica de Citroën e as industrias complementarias.

No hay comentarios: