lunes, 5 de noviembre de 2012

A Deputación presenta á convocatoria Life 2012 un proxecto de xestión hidráulica para concellos e usuarios que ten un presuposto de 1,5 millóns de euros

A Deputación de Pontevedra acaba de presentar á convocatoria Life 2012 de fondos europeos un proxecto de xestión hidraúlica que posibilitará aos concellos contar cunha nova ferramenta informática de xestión hidraúlica.

O proxecto, denominado Saneplan pretende mellorar a xestión das augas residuais (domésticas e industriais) e dos procesos asociados coa planificación urbana nun contexto marcado polo cambio climático e polo incremento da presión sobre a auga, derivada tanto do desenrolo urbanístico como de novos ou de usos intensivos dela.

Saneplan ten como finalidade integrar a xestión da auga residual na planificación territorial, adaptarse á nova lexislación da auga e aumentar o coñecemento e a participación pública na xestión da auga. Desenvolve un modelo de xestión que permite aos cidadáns, xestores e empresas dispoñer de información para facilitar a toma de decisións de desenrolo urbanístico, mellorar a xestión integral do ciclo integral da auga, da rede de saneamento e da de depuradoras e mellorar, finalmente, a xestión medioambiental.

Aos usuarios, o proxecto Saneplan ofreceralles información sobre a auga en calquera punto: a cantidade e calidade das augas dos concellos; a dispoñibilidade e calidade da auga presente e futura (o subministro si hai incremento de poboación, si se incrementa o turismo, si diminúen as choivas, etc.); así como o custe económico e medioambiental do proceso de saneamento e depuración das augas. Pola súa banda, aos xestores e concellos proporciónalles información para tomar decisións relacionadas co planeamento urbanístico (urbanizacións ou centros con uso intensivo de auga) ou coa xestión da rede de abastecemento (estado, costos, etc.).

O proxecto presentado pola Deputación a esta nova convocatoria de fondos europeos Life 2012, ten unha cuantía de 1,4 millóns de euros (a UE aporta 725.000 (o 50%) e o 50% restante, a cargo da Deputación (125.000), do Instituto Tecnológico de Galicia (450.000) e do Acueducto de Fiora, empresa que xestiona a auga das cidades de Siena e Grosseto, na Toscana italiana (150.000).

O proxecto ven a complementar outro que, con carácter piloto e pioneiro, a Deputación está a levar a cabo en Baiona sobre a potabilización e o abastecemento. Saneplan inclúe agora o saneamento e a depuración.

No hay comentarios: