lunes, 5 de noviembre de 2012

O PPdeG lamenta os datos que deixa o paro en octubre e di que a súa prioridade nesta legislatura seguirá sendo combatelo

Os populares galegos lembran que outubro é un mes no que tradicionalmente se rexistra un aumento das cifras do paro debido ao remate dos contratos temporais do verán

Sinala que a evolución interanual de Galicia, cun incremento do 10,6%, é mellor que a media estatal, que rexistra un aumento de 10,84 puntos

O aumento das cifras do paro foi xeralizado en todas as comunidades salvo en dúas e Galicia é oitava onde menos sobe o paro


O Partido Popular de Galicia lamenta o incremento das cifras do paro  e asegura 
que a súa prioridade nesta Lexistura seguirá sendo combatelo.
Segundo apuntaron os populares galegos, no mes de outubro aumentou o paro en todas as comunidades autónomas agás en Canarias e Valencia e, concretamente, Galicia é a oitava comunidade onde menos se incrementou o desemprego.
Por outra banda, cómpre subliñar que neste mes rexistrouse unha evolución interanual de Galicia mellor que a media. Así, se en Galicia o dato interanual se incrementa nun 10,6%, na media do Estado incrementouse en 10,84 puntos. 
Con respecto a isto, os populares sinalaron que a relevancia deste dato compréndese sobre todo ao comparalo co resto de comunidades da zona norte, que con Galicia, son as que presentan un comportamento máis similar e mellor fronte ao paro. No caso destas autonomías, todas rexistran unha variación interanual superior, mentres que en Galicia se contén (Aragón, Asturias, Cantabria, Castela e León, Navarra, País Vasco e La Rioja teñen interanuais maiores). 
Por sectores, o dos servizos foi o que máis rexistrou o incremento das cifras do paro, o que ten a súa explicación no remate dos contratos temporais da tempada estival. De feito,  é tradicional que nos meses de outubro se rexistre un aumento do desemprego. 

No hay comentarios: