viernes, 2 de noviembre de 2012

Louzán incorpora a Ence ao patronato da Uned

O reitor da UNED, Juan Antonio Gimeno Ullastres, o conselleiro delegado de ENCE, Ignacio Colmenares y Brunet, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinaron hoxe un convenio para incorporar á empresa ENCE como patrono do Centro Asociado da UNED en Pontevedra.

En virtude do convenio, a empresa achegará 30.000 € anuais que se incrementarán coa suba do IPC. A sinatura supón a inclusión de ENCE no convenio da UNED asinado con data 7 de decembro de 1994 e a aceptación da mencionada empresa de todas as estipulacións do mesmo. A partir deste convenio ENCE pasa tamén a formar parte da Xunta Reitora do padroado.

Louzán manifestou a satisfacción polo feito de que unha empresa como ENCE respalde economicamente á Universidade a Distancia de Pontevedra polo que supón de colaboración entre entidades públicas e privadas. Neste senso, lembrou proxectos que, no ámbito da investigación, desenvolven conxuntamente ENCE e a Deputación de Pontevedra.

A incorporación da empresa ao Padroado da UNED supón un exercicio de responsabilidade social e cultural coa sociedade. A empresa xa ven patrocinando e colaborando en numerosas actividades públicas, nos lugares nos que opera, dando así resposta a necesidades e demandas sociais no seu ámbito de influencia. Entre outros casos, Ence mantén acordos de colaboración con escolas e universidades para o desarrollo de Programas Educativos; patrocina o deporte base en diversos clubs deportivos; e xestiona a conservación do Petróglifo situado en terreos do monte Pé da Múa, no concello de Pontecaldelas, un importante legado del arte rupestre

Dende 1973 e novos proxectos
O centro asociado UNED abriuse en Pontevedra, a iniciativa da Deputación de Pontevedra, no ano 1973, fai 39 anos. De feito utilizábase a última planta da sede de caixa Pontevedra ata que quedou pequena polo número de alumnos e o padroado decidiu construír o actual centro. Foi o segundo centro Uned de toda España e o primeiro de Galicia.

Dende os seus inicios, a Deputación foi un piar fundamental do centro educativo coa maior aportación para o seu sostemento na idea de converter a Pontevedra nun referente cultural e educativo en Galicia. Na actualidade, incluso adxudicou a ampliación das obras de ampliación das instalacións para construír unha Aula Magna e outras dependencias.

Según explicou Louzán, a Deputación está interesada en apoiar algunhas especialidades académicas como cursos orientados a profesionais, técnicos ou funcionarios, ou cursos sobre temáticas modernas (enerxías renovables, acuicultura, enoloxía, informática, etc.) en colaboración cos seus técnicos.

No hay comentarios: