viernes, 2 de noviembre de 2012

A Deputación pagou, no terceiro trimestre, 3.694 facturas por valor de 7,6 millóns de euros nun período medio de 18 días

A Deputación de Pontevedra pagou no terceiro trimestre do ano un total de 3.694 facturas, por valor de 7,6 millóns de euros, nun periodo medio de 18 días en relación á data de rexistro da factura.

O dato foi dado a conocer hoxe polo presidente, Rafael Louzán, unha vez que foi informada a comisión informativa de Economía e Facenda, na que participan representantes de todos os grupos da Corporación, na sesión celebrada hoxe no Pazo Provincial. En relación á data da factura, a Deputación pagou, no mismo terceiro trimestre, 3.099 facturas por un importe de 5,7 millóns, nunha media de 45 días.

A Deputación presenta trimestralmente aos deputados da comisión informativa de Economía e Facenda un informe de cumprimento de pagos da institución. Louzán felicitou ao equipo de Intervención pola dilixencia e bó cumprimento da Lei 15/2010 de cumprimento de pagos das institucións públicas e asegurou que a Deputación de Pontevedra era a primeira ou segunda institución galega en pronto pago.

No hay comentarios: