viernes, 28 de diciembre de 2012

A Deputación aproba un presuposto más pequeno, que reduce a débeda, inviste nos máis necesitados e aposta pola xeración de emprego

Os presupostos da Deputación de Pontevedra destinan 6 millóns para un Plan de Emprego que ocupará a mil personas.

Acadan os 148,5 millóns, 2,7% menos que o ano pasado; amortizan 15 millóns de débeda; destinan 50 millóns á inversión pública en concellos; manteñen o gasto social en Deportes (3,5 millóns), Servizos Sociais (17 millóns) e Cultura (4,1 millóns); suprimen organismos autónomos e aforran na medida 1 millón; e deixan o número de funcionarios en 660.

O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe con carácter defnitivo os presupostos para o vindeiro ano 2013, que acadarán os 148,5 millóns, un 2,7% menos que o ano pasado.

Para financialo, a institución provincial non acudirá a préstamos e, polo tanto, non haberá incremento de débeda. O goberno provincial ten como obxectivo ter “débeda cero” no horizonte do 2018 de acordo coa tendencia que marca este ano, no que amortiza 15 millóns e deixa a débeda da Deputación en 77 millóns.

Según explicou o vicepresidente económico, José Manuel Figueroa, o obxectivo das contas provinciais é crear Emprego e reforzar o Benestar Social, cooperar cos concellos e asociación na inversión e na prestación de servizos e organización de actividades.

Por iso, a Deputación disporá dun Plan de Emprego, dotado con 6 millóns de euros, para dar traballo a preto de mil persoas, entre elas 300 xoves titulados sen experiencia laboral previa.

Figueroa anunciou que a institución provincial pontevedresa destina nas súas contas 50 millóns de euros á inversión, a través dun Plan Investimentos que acolle preto de 400 proxectos dos concellos pontevedreses. Neste eido, o vicepresidente lembrou que a Deputación de Pontevedra paga as súas facturas a 20 días, por debaixo do límite que fixa a Lei.

No eido social, Figueroa subliñou que para Deportes destínanse 3,5 millóns; para Servizos Sociais, 17 millóns; e para Cultura, 4,1. Cantidades todas elas lixeiramente máis altas que nas contas do ano pasado e que, nesta ocasión, incluirán iniciativas novas como formación de directivos de clubs, entidades, etc. en xestión deportiva, social, etc.

O vicepresidente económico destacou o adelgazamento da Administración que supón a integración dos sete Organismos Autónomos suprimidos polo ente provincial na propia estrutura da Deputación, unha medida que suporá un aforro de un millón de euros.

No capítulo de Persoal, a Deputación de Pontevedra reduxo 50 funcionarios co que o número de traballadores queda en 871 persoas (660 funcionarios e 211 laborais).

José Manuel Figueroa conclúe afirmando que as contas provinciais “posibilitarán unha gran inversión nos concellos, manterán o gasto social e reducirán débeda e gasto corrente”.

Todo elo, según dixo, demostra que a Deputación de Pontevedra é “unha institución solvente pois o aforro bruto acada os 53,1 millóns e o neto, os 38,2, co que a débeda viva queda en 77 millóns; é unha institución inversora e que cumpre co requisito de déficit cero”.

No hay comentarios: