viernes, 28 de diciembre de 2012

O novo hospital pecha a súa financiación e comeza una nova fase de obra


A financiación do novo hospital de Vigo acada unha nova fase, unha vez que os comités iniciais de todas as entidades coas que se está a estruturar o proceso deron asúa aprobación preliminar. Éstas serían o BEI (Banco Europeo de Investimentos), Axis (grupo ICO) e varias entidades comerciais. Así o deu a coñecer a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, durante unha visita rutinaria que realizou ás obras de construción donovo hospital da cidade olívica, na compaña doutros cargos da Xunta de Galicia e do Servizo Servizo Galego de Saúde.

Avances nas obras
Nesta visita, inspeccionou o avance das obras nas fachadas ecubertas do edificio técnico e os traballos de urbanización das rasantes definitivas de viais e instalacións soterradas. A conselleira puido comprobar como os traballos na estrutura deron paso á execución dos cerramentos de fachada, e ás impermeabilizacións das cubertas comezando polo edificio que aloxará os quirófanos, urxencias, UCIs e radioloxía.

Mais de 67.000 m2 de fachadas configurarán a envolvente do novo hospital con diferentes solucións en cada zona e axeitadas á súa funcionalidade. Pedra natural, vidro, morteiro con acabado acrílico,minionda en diferentes colores e tonalidades comezarán a colocarse de inmediato.

Ao término da visita, a titular da carteira sanitaria do Executivogalego sinalou, aos medios de comunicación alí presentes, a situación actual do proxecto do novo hospital da cidade olívica e dos vindeiros pasos a seguir ata o remate da obra. Destacou Rocío Mosquera que o importe total de financiamento para o proxectoascende a 320 millóns de euros, dos que 63 millóns corresponden a fondos propios dos accionistas e 257 millóns a deuda allea aestruturar.

Rocío Mosquera incidiu no feito de que as dificultades que atraviesa actualmente a economía provoca que as entidades financeirasestean a solicitar máis documentación, sen embargo, todas coinciden en que o proxecto é viable.

No hay comentarios: