lunes, 10 de diciembre de 2012

Deputación e Goberno central impulsan unha plataforma 3.0 para o turismo de Vigo e a súa área


A Deputación de Pontevedra asinou hoxe un convenio coa Escola de OrganizaciónIndustrial (EOI) do Ministerio de Industria para desenvolver o proxecto «Smart Destinations Pontevedra: Modelo de vertebración e activación do tecido socioeconómico do territorio».

O proxecto consistirá na posta en marcha de iniciativas de I+D+i en pequenas e medianas empresas para mellorar a súa su competitividade. Tén como obxectivo canalizar a oferta e a demanda de servizos, cunha oferta personalizada de forma intelixente en función do visitante, e a implantación dun proxecto de colaboraciónentre empresas e institucións do sector turístico onde se favoreza a interrelación de todos os axentes, a creación dunha plataforma integrada intelixente de servizosturísticos e a implantación de ferramentas de comunicación que xestionen ainformación de forma áxil.


Inversión e resultados
O orzamento do proxecto é de 2,5 millóns de euros: 500.000 aportados pola Deputación e o resto pola EOI con cargo ó Programa RISC, que conta con financiación do Fondo Europeo de Desarrollo Rexional e do Ministerio de Industria.

O proxecto terá como resultado a creación dunha ferramenta avanzada de Xeoreferenciación e consulta de información turística; o Turismo personalizado efidelización de clientes; a creación de Puntos verdes de información turística, dunhaInterfaz de actualización de información; dunha Plataforma para a integración de información contextual do entorno e dunha ferramenta avanzada de elaboración de rutas turísticas, así como dunha Interfaz de xestión de bitácora

Adaptado ás necesidades concretas de cada empresa
A Plataforma transformará o Turismo 1.0 actual noutro que incluirá a interacción cos usuarios (2.0) e con información en tempo real relacionada (3.0). E centralizará e xestionará toda a información turística dende un único punto de entrada proporcionando ao visitante tanto puntos físicos de información como novos canais virtuais.

No acto de sinatura do convenio e de encontro con 300 profesionais do sector das Rias Baixas, Fernando Bayón, presidente do EOI, explicou que hoxe o sector está en proceso de cambio <o 98% das empresas son Pymes e, delas, o 70% empresas familiares>, dixo. Para él, as Novas Tecnoloxías son fundamentais para un mercado globalizado no que, por primeira vez na historia, a distancia perdeu protagonismo. Por eso, según dixo, é preciso desestacionalizar a oferta algo que non é posible só cunha oferta de proximidade.

<Smart Destinations Pontevedra é a integración das TIC co territorio e coas empresas que ofertan produtos e servizos, algo que xenera unha oportunidade ao destino para facelo intelixente>, resumeu.

O proxecto adaptaráse ás necesidades concretas das empresas e estará operativo o vindeiro mes de xuño. Ata entón, a Deputación e o EOI ofrecerán asesoría personalizada aos hoteleiros para aprender a manexar a Plataforma tecnolóxica turística intelixente e dinamizarán o proceso de cambio de usos co obxetivo da inmediatez.

DATOS DO SECTOR
1) Hoxe, o mercado baséase nos portais de turismo públicos, coa súa informaciónestática, pero tamén no uso masivo de Internet, smart phones, tablets, etc, enportais privados de hoteis ou voos, nas redes sociais, etc. porque o perfil do turista é distinto do tradicional. Moitas Pemes non teñen capacidade para asimilar o cambio e diminúe a súa competividade.

2) O nº de empresas da provincia ligadas ao sector turístico ascenden a un total de 27.027, o que representa un 38,12% do total de empresas da provincia e un 12% do PIB dela.

3) Ocupa a máis de 40.000 persoas, factura 1.800 millóns de €, e concentra o 43% das prazas de aloxamento de todo Galicia nos seus 1.115 establecementos regrados que ofrecen máis de 50.000 prazas de aloxamento.

4) Pontevedra recibe preto da metade dos visitantes que se achegan a Galicia. É o 7ºdestino turístico nacional e o 5º por nº de pernoctacións.

No hay comentarios: