viernes, 25 de enero de 2013

A Xunta inicia as visitas de grupos infantís ao museo das Illas Atlánticas


Con motivo desta primeira visita estreouse o salón de actos do edificio, onde se proxectou, por primeira vez, un vídeo no que poderán contemplar Cíes, Ons , Sálvora e Cortegada, en pleno inverno e sen ir ata as illas

O edificio Cambón foi restaurado polo Ministerio de Agricultura cun investimento de máis de 4 millóns de euros

Este ano traballarase en 30 liñas de actuación que irán en camiñadas a mellorar a xestión, o seguimento xeral da flora e da fauna, e a investigación e divulgación

Coa apertura desta sede-museo avánzase un paso máis cara a conservación e protección deste enclave natural único en Galicia


A Xunta de Galicia inicia dende hoxe as visitas de grupos infantís ao novo Centro de Visitantes do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, o Edificio Cambón. O encontro dos primeiros participantes, no que estivo presente o director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, estivo protagonizado polos nenos de Primaria do colexio vigués ‘Neno Xesús de Praga’. Os rapaces coñeceron e profundizaron no patrimonio natural das illas, a través das actividades e instalacións existentes en pleno centro da cidade. Este edificio e as súas mostras xa recibiron 1.700 visitantes no primeiro mes que leva aberto ao público.

Con motivo desta primeira visita, estreouse o salón de actos do edificio, onde se proxectará un novedoso vídeo no que contemplaron Cíes, Ons , Sálvora e Cortegada, en pleno inverno e sen ir ata as illas. O vídeo ten unha duración de 8.30 minutos e nel púidose apreciar a maxestuosidade do arquipélago, os fondos mariños, acantilados, dunas, flora, fauna, así como a historia e etnografía desteespazo protexido. Desta maneira, empezaron os programas educativos e formativos nos que achegaránás illas a os distintos colectivos que estean interesados en participar e colaborar neste proxecto.

A visita
No centro, técnicos especializados amosáronlles a pel das illas, granitos, líquenes, esculturas de rocas, petroglifos, entre outros elementos, ademais dunha gran maqueta para situar as defensas naturais das rías Baixas Galegas, é dicir, as illas do Parque Nacional. Tamén puideron apreciar a biodiversidade dos mares e as costas, en dúas maquetas que recrean a noite e o día neste arquipélago.

Na primeira planta os rapaces alcanzaron o corazón das illas, onde puxeron os seus sentidos a traballar co fin de apreciar as rugosidades dos bronces e metacrilatos que representan especies presentes nestes accidentes xeográficos. Así mesmo, escoitaron os sons da natureza, combinados coas imaxes dos fondos mariños e as especies de flora e fauna do Parque. Na seguinte, planta introducíronse na mente das illas, nunha sala onde existen sete libros xigantes nos que se conta a historia e a vida social das illas.

Este novo museo da cidade acolle as oficinas e o centro de visitantes do parque nacional. As obras de rehabilitación do Edificio Cambón implicaron un investimento de máis de 4 millóns de euros, aportados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. A Xunta de Galicia xestiona este edificio que conta cunha superficie de 1.500 m2 para área expositiva, auditorio, aulas, e zonas de oficinas. Unha única sede que permitirá mellorar a xestión ao concentrar tanto o museo coa as oficinas nun mesmo espazo.

As previsión do Goberno galego é que accedan a este edificio uns 150.000 visitantes ao ano. O accesoao inmoble, e aos seus contidos, será gratuíto para os cidadáns e abrirá as portas seis horas ao día durante seis xornadas da semana en horario de 11:00-14:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas.

Entre o equipamento desta nova sede do Parque de Illas Atlánticas destaca a instalación de catro“teletransportadores”, un por arquipélago, que son cabinas nas que sobe o usuario e experimenta efectos visuais e interactivos.

Melloras neste ano
Este ano manterase unha liña de traballo, a través de 30 actuacións, que irán encamiñadas á xestión: onde destaca a elaboración da estratexia paisaxística da Illa de Ons e a incorporación do parque á Carta Europea de Turismo sostible. Outra guía de accións será a do seguimento xeral, da flora e da fauna: destacando o control sobre a fauna ameazada e sobre as especies invasoras, así como o convenio de mellora da eficiencia enerxética no parque.

Tamén se abrirán liñas de actuacións e medidas no campo da investigación, a divulgación e uso público e o desenvolvemento de obras e proxectos a realizar, como os depósitos de auga de abastecemento ou a celebración dun campo de traballo nas Illas Cíes. Coa apertura desta sede-museo avánzase un paso máis cara a conservación e protección deste enclave natural único en Galicia.

No hay comentarios: