viernes, 25 de enero de 2013

A Deputación de Pontevedra é a decimotercera máis transparente cara aos cidadáns, das 45 institucións provinciais españolas


O Informe de Transparencia Internacional destaca especialmente asúa transparencia en canto a Contratación e Información Económico-Financieira

A Deputación de Pontevedra figura entre as institucións provinciaismáis transparentes de España, según o Informe relativo a concellose deputacións que a entidade <Transparencia Internacional España> acaba de facer público.

A Deputación de Pontevedra figura no posto 13 dun ranking de 45deputacións españolas. No citado Informe, obtivo un índice de transparencia do 58,8 cando a media nacional destas instituciónsprovinciais está no 48,6 sobre 100 puntos.

O resto das deputacións galegas figuran no posto 12 A Coruña, cuníndice do 60; no 15 Lugo, cun indicador do 55; e no 37 Ourense, cuníndice de 30 puntos.

A Deputación de Pontevedra só é superada, en canto a transparencia, polas de Vizcaya, Barcelona, Tarragona, Valladolid, Zamora, Málaga, Huesca, Palencia, León, Soria e Salamanca. E, ásúa vez, supera a outras como as de Alava, Alicante, Mallorca, Sevilla, Cádiz, Guipúzcoa, Girona, Valencia, Zaragoza ou Toledo.

Según os parámetros analizados por Transparencia Internacional, aDeputación de Pontevedra destaca especialmente en dous aspectos:

• En Transparencia nas Contratacións de Servizos, onde lograunha puntuación de 85 puntos sobre 100.

• E en Transparencia Económico-Financieira, na que obtén 64 puntos sobre 100, duplicando a media nacional neste capítulo que é de 27,2.

Os parámetros analizados no Informe de Transparencia Internacional España versan sobre Información sobre a Deputación;Relacións cos cidadáns e a sociedade; Transparencia económica-financieira; Transparencia nas contratacións; eTransparencia en servizos e apoio aos concellos.

<Transparencia Internacional España> é unha organización internacional adicada a combatir a corrupción e buscar a transparencia. Congrega á sociedade civil, ao sector privado e aosgobernos de diversos países de todo o mundo.

A súa sección en España tén sede na Fundación Ortega y Gasset, deMadrid. O comité executivo español da organización está formado por Jesús Lizcano, catedrático da Autónoma; Antonio GarriguesWalker, abogado; Jesús Sánchez Lambás, abogado e profesor e Manuel Villoria Mendieta, profesor da Universidade Juan Carlos I e da Universidade de Indiana (USA).

Na presentación dos resultados, o presidente da Deputación de Pontevedra manifestou que <queremos ser unha Administración de cristal e de portas abertas>. E suliñou que ese era o camiño paralograr a credibilidade e a confianza dos administrados naAdministración

<Hoxe, máis que nunca, hai que ser exemplares no uso do diñeiropúblico porque se lle está a pedir aos cidadáns grandes esforzos e eso debe ser recompensado cunha xestión modélica e transparente>,afirmou.

No hay comentarios: