viernes, 25 de enero de 2013

Máis de dez mil titulados concursan para las 269 prazas do Plan Practica 2013 na Deputación de Pontevedra


Máis de 10.000 xoves titulados universitarios, sin experiencia laboral previa, presentaron as súas solicitudes ao Plan Práctica 2013 da Deputación de Pontevedra que posibilitará que, nunha primeirafase 269 deles, poidan obter unha bolsa de 800 euros mensuaisperante seis meses para traballar en centros e servizos da propiaDeputación e nos concellos da provincia.

O prazo de admisión de solicitudes remata hoxe venres, 25 dexaneiro de 2013. Ata o día de onte, xoves, inscribironse 9.991 xoves e faltan por contabilizar as solicitudes rexistradas hoxe ata as 19 horas.

A convocatoria do plan de primeira inserción laboral da Deputacióné para 74 bolsas de práctica laboral para titulados universitarios en centros e servizos da Deputación Provincial, e de 195 bolsas nosconcellos da Provincia.

Según explicou hoxe en rolda de prensa o presidente da Deputaciónde Pontevedra, Rafael Louzán, a institución provincial estudia acometer unha segunda fase do plan ata acadar o número de 500 bolsas.

Nesta primeira fase, na selección dos titulados participarán, ademáis de técnicos da Deputación, profesores das universidades de Vigo e Santiago de Compostela.

A partires de agora, o proceso desenvolveráse nas seguintes fases:

- Lista provisional de admitidos e excluidos, que se publicará naweb e no taboleiro de anuncios
- Prazo de 10 días, despois de publicada a lista anterior, para enmendar admitidos ou excluidos
- Proceso de selección en dúas fases: na primeira, concurso e valoración de documentación presentada con publicación naweb, etc polo menos 5 días hábiles de antelación á data da entrevista; e entrevista personal cos candidatos que superasen a primeira fase.
- Puntuacións finais e proposta de adxudicación de candidatos

No hay comentarios: