viernes, 25 de enero de 2013

O PP consegue unha unanimidade na Deputación en defensa dos afectados polas preferentes


O PP acadou no pleno da Deputación de Pontevedra celebrado hoxe a unanimidade de todos os grupos en defensa dos afectados polas participacións preferentes. A moción, defendida polo vicepresidente José Manuel Figueroa, instaba a Novagalicia Banco e as autoridades monetarias a localizar a solución máis rápida para os miles de galegos involucrados neste problema.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, ofreceu aos afectados polas preferentes os datos sobre o número de reclamacións presentadas, así como as derivadas ata o de agora para a arbitraxe, as vistas realizadas e os laudos ditados, dando resposta así á solicitude de información que os afectados lle presentaron na reunión celebrada hai dúas semanas.

Louzán informou que se recibiron no Instituto Galego de Consumo un total de 51.560 reclamacións, das que xa foron remitidas a entidade NGB un total de 50.759 solicitudes de arbitraxe.

Estas solicitudes quedáronse en 47.437, unha vez que se procedeu á eliminación daquelas que estaban duplicadas e das que correspondían a outras entidades financeiras. Destas reclamacións, a día de hoxe foron aceptadas por Novagalicia Banco para a arbitraxe un total de 12.496, téndose celebrado 11.918 vistas e emitidos e notificados un total de 11.658 laudos, todos eles favorables para o reclamante.

O importe dos laudos ascende a 231.108.192 euros, dos que, ata o díade xaneiro, xa foran devoltos aos aforradores un total 221.206.840 euros , correspondentes a 11.574 laudos.

A cantidade restante irase ingresando nos próximos días.

Na moción, os grupos provinciais do PP, PSdeG e BNG acordaron o seguinte:

1.- Manifestar o apoio da Deputación de Pontevedra, e de toda a súa Corporación, aosafectados/as polas participacións preferentes na súa xusta reclamación de que llesdevolvan os cartos na súa totalidade.

2.- Instar á Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Comercio, e ao Goberno do Estado a que sigan a adoptar medidas efectivas de protección dos clientes de entidadesfinancieiras que investiron os seus aforros en instrumentos financieiros opacos, sen que por parte das entidades fosen informados debidamente dos riscos do produto e sen que se cumprisen as demais obrigas establecidas na normativa, co fin de que poidanrecuperar os seus aforros no prazo de tempo máis breve posible.

3.- Instar ao Banco de España e á Comisión Nacional do Mercado de Valores, aoobxecto de que promova unha solución para a recuperación do investimento realizado polos subscritores de participacións preferentes en Galicia.

4.- Instar á entidade financieira NovaGaliciaBanco a promover unha solución para os subscritores de participacións preferentes que desexen recuperar os cartos investidosneste produto, permitindo aos afectados a recuperación íntegra do investimento realizado.

5.- Esixir a depuración de responsabilidades aos executivos e directivos das entidadesfinancieiras que impulsaron e cometeron fraude masivo aos pequenos aforradores.

6.- Demandar das autoridades competentes o cumprimento estrito da normativa MIFID (Directiva sobre mercados de Instrumentos Financieiros)

No hay comentarios: