viernes, 28 de septiembre de 2012

A Deputación aproba 18 millón de euros para financiar inversión nos concellos e regular a situación financieira deles

Dará prioridade ás inversións produtivas, a fórmulas de cooperación inter ou supramunicipal e aos concellos adheridos a plans de xestión provinciais

A Deputación de Pontevedra informou  favorablemente un Plan de Investimentos que, cun importe de 18 millóns de euros, reactivará a economía, fomentará o emprego e saneará os concellos pois contribuirá ao seu equilibrio financieiro. O Plan será aprobado definitivamente no vindeiro pleno da Corporación Provincial.
O Plan vai destinado a inversións municipais, dará traballo a máis de 1.000 personas e os concellos poderán destinar ata o 30% da axuda que lles corresponda a pago de débedas ao tempo de que contarán con incentivos para premiar a súa boa xestión.

Prioridades
No Plan, a Deputación dará preferencia a proxectos que favorezan a recuperación económica, que supoñan inversións produtivas, que sirvan para a recuperación medioambiental e patrimonial e que engadan valor.
No reparto dos 18 millóns _que será ao 50% por poboación e territorio_ a institución provincial priorizará, para estimular fórmulas de cooperación inter ou supramunicipal, aos concellos que se adhiran a plans de xestións municipais da Deputación (como por exemplo, a recollida de lixo, o subministro de enerxía, os bombeiros, etc.) e aos que se agrupen para desenvolver proxectos que afecten a máis dun concello

Criterios de reparto
Os 18 millóns de euros do Plan de Investimentos repartiránse do seguinte xeito: o 80% (14,4 millóns de euros) por concorrencia competitiva e o 20% (3,6 millóns) por concesión directa, tendo en conta que o 10% do importe total será destinado a premiar a boa xestión dos concellos.
O criterio de concesión dos 14,4 millóns por concorrencia será: 7,2 millóns repartidos de xeito lineal: 122.033 € para cada concello; e 7,2 millóns repartiranse segundo o tipo de concello (de 1.000 a 10.000 habitantes: 36 concellos, 45%, 3,2 millóns; de 10.000 a 20.000: 16 concellos, 35%, 2,5 millóns; e de 20.000 a 30.000: 7 concellos, 20%, 1,4 millóns). A cantidade repartirase entre o número de concellos que forman o grupo segundo a poboación e territorio (ao 50%).

Obras e equilibrio financeiroOs concellos poderán destinar as axudas a Investimentos que faga a propia Deputación; sen achega do concello; con achega do concello ou con achega do concello e doutra Administración. Tamén a pago de débedas con entidades ou acredores e a gasto corrente.

No hay comentarios: